Dallas (pronuncia en inglés [ˈdæləs]) é a capital do Condado de Dallas, Texas, Estados Unidos. A cidade ten 1240499 habitantes, sendo a máis poboada da área metropolitana Dallas/Fort Worth, que ten en total 5222000 habitantes. Dallas ten unha grande industria en tecnoloxías da información.
O aeroporto internacional de Dallas/Fort Worth é o aeroporto máis grande do estado de Texas. O 22 de novembro de 1963, o presidente dos Estados UnidosJohn F. Kennedy foi asasinado nesta cidade.