Saltar ao contido

Virtudes (e misterios)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Virtudes
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
31 de xaneiro de 2020 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Fontes e ligazóns
Open LibraryOL34830382W Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Virtudes (e misterios) é unha novela en lingua galega de Xesús Fraga, publicada por editorial Galaxia en xaneiro de 2020. A obra é un repaso pola historia da emigración galega a través da historia dunha familia das Mariñas coruñesas[1]. Recibiu o Premio Nacional de Narrativa en 2021.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Virtudes,campesiña e galega, viuse na obriga de abandonar a súa aldea, a mediados do século XX, e emigrar a Londres debido ás difíciles condicións socioeconómicas da España dos anos 60. Abandonada polo seu home, decidiu buscar na emigración unha saída para garantir un futuro ás súas tres fillas.[2]

Nun contexto no que as mulleres españolas precisaban do permiso conxugal para poder traballar ou viaxar ao estranxeiro, Virtudes falsificou dita autorización, desafiando as limitacións legais impostas polo réxime franquista. Sen coñecer o idioma e cunha formación limitada, foi quen de establecerse en Londres, onde creou un espazo propio e traballou duramente, privándose de calquera luxo para poder manter e educar as súas fillas.[2]

A historia de Virtudes é a historia do esforzo, a resiliencia e o sacrificio da emigración galega feminina desa época[3].

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
  • Avoa Virtudes[4]: Motor da familia e protagonista indiscutible da novela
  • Isabel: Filla maior de Virtudes. A primeira universitaria da familia
  • Xesús: Neto de Virtudes, fillo de Isabel, narrador e autor da historia.

Temas e estilo literario

[editar | editar a fonte]
  • Temas abordados na obra: emigración; memorias; solidariedade; amizade; feminismo como apoderamento da muller
  • Estilo narrativo: novela, non ficción.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Virtudes y misterios (Xordica, outubro de 2020): castelán[6].
  1. ↑ "Virtudes (e misterios)". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-04-28.
  2. 1 2 "Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga". Issuu (en inglés). Consultado o 2025-04-28.
  3. ↑ Axeitos Agrelo, Xosé Luis (2021). "Autobiografía, biografía e historia social da novela: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga". A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico (116): 167–171. ISSN 1130-2674.
  4. ↑ Librería Alberti (2022-01-26). "XESÚS FRAGA presenta 'Virtudes y misterios' (Xórdica).". Consultado o 2025-04-28.
  5. ↑ "Xesús Fraga | Premios da Crítica Galicia | Web dos Premios da Crítica de Galicia". Consultado o 2026-06-29.
  6. ↑ "Virtudes (y misterios) | Xordica editorial" (en castelán). Consultado o 2026-04-27.