Saltar ao contido

ASTEX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASTEX
 Instancia de
Características
 Impulsado por
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
17 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Masa
   1.500 kg Editar o valor en Wikidata
Wikidata

ASTEX, tamén coñecido como S71-2, SESP 1971-2 e P71-2, é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 17 de outubro de 1971 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de ASTEX consistiu en probar novas tecnoloxías no espazo, levando entre a súa carga útil unha cámara infravermella para probar un circuíto pechado de arrefriamento e estudar a radiación celeste de fondo. A enerxía llela proporcionaba un panel solar despregable de 4,57 metros de lonxitude[2] cun novo mecanismo capaz de pregar e despregar varias veces o panel. O satélite tamén probou un novo sistema de mando e control e obtivo datos sobre a interacción das partículas enerxéticas coa ionosfera.[3] A nave e os seus experimentos funcionaron ben ata o 20 de decembro de 1973, en que fallou un comando enviado para parar o transmisor, producíndolle problemas. A cobertura de datos abarcou o 100% nos primeiros meses de vida do satélite, o 50% cara ao final do primeiro ano e limitouse a dúas órbitas por semana cara ao final da vida do satélite.[3] Con todo, en marzo de 2008 aínda se detectaban transmisións do satélite na frecuencia de 2242,517 MHz.[4]

  1. ↑ Ralf Vandebergh (31 de agosto de 2010). Visual Satellite Observer's Home Page, ed. "ASTEX 1971-089A_High Res_OBS" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011.
  2. 1 2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ASTEX (P71-2)" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011.
  3. 1 2 NASA (8 de xullo de 2011). "S71-2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011.
  4. ↑ Robert Christy (2011). Zarya web page, ed. "Satellite Radio Frequencies" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2011.