Saltar ao contido

Agustín Fernández Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAgustín Fernández Paz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1947 Editar o valor en Wikidata
Vilalba Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVilalba 
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Ciencias da Educación
Diplomado en Lingua Galega.
EducaciónUniversidade Laboral de Xixón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestre, escritor, pedagogo, escritor de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, ensaio
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeInmaculada Reino Editar o valor en Wikidata
FillosMariña Fernández-Reino Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webPáxina oficial
Enciclopedia Galega Universal: 126761 BNE: XX859959 Bitraga: 1320 AELG: 1 BUSC: 981013405939807712 Dialnet: 178828

Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016,[2] foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Mural de Agustín Fernández Paz en Vilalba.

Naceu no barrio vilalbés das Fontiñas, lugar onde transcorreu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á Universidade Laboral de Xixón, onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.

Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse na Coruña e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas.[3] Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.

Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.

Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Despois da aprobación da Constitución no ano 1978, comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron senllos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.

Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xavier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Prexubilouse por enfermidade en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. No ano 2010 rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras[4][5] como acto de protesta pola política lingüística da Xunta e o seu presidente.[6] No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola Universidade de Vigo.[7]

O 12 de xullo de 2016 morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en Vigo,[8] logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Pereiró de Vigo,[9] co féretro arroupado coa bandeira galega, e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.[10]

Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVIº Premios Xerais o 6 de xuño de 2009.

Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao castelán, con arredor de 50, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao éuscaro, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.[11][12]

Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

A súa novela Cartas de inverno acadou en 2016 a cifra de máis de 100 000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.[12]

Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

Literatura infantil-xuvenil

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Homenaxe O/A escritor/a na súa terra en Vilalba.
  • Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
  • Imos xuntos camiñar, 1999.
  • Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
  • Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
  • Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • O son das buguinas, 2007, Xerais.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • Os dereitos da infancia, 2014, Xerais.

Galardóns

[editar | editar a fonte]
O autor con outros dos gañadores do Premio Merlín nunha foto conmemorativa realizada na XXVª edición do Premio Merlín. Illa de san Simón, 12 de xuño de 2010. Atrás, de esquerda a dereita: Jacobo Fernández Serrano, Helena Pérez, Gloria Sánchez, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Antonio García Teijeiro, Mar Guerra, Fina Casalderrey, Ramón Caride. Sentados, de esquerda a dereita: Carlos López Gómez, Palmira González Boullosa, Agustín Fernández Paz e Teresa González Costa.
  1. Fernández paz, Agustín. "DISCURSO DO ACTO DE NOMEAMENTO COMO DOUTOR HONORIS CAUSA" (PDF). Consultado o 21 de outubro de 2016.
  2. "Morre Agustín Fernández Paz, agarimo das letras galegas". Praza.gal. 12 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016.
  3. Carneiro, Montse (2 de maio de 2004). ""Queríamos cambiar o mundo desde as aulas, e algo fixemos"". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de outubro de 2016.
  4. C., R. "Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2017.
  5. Pereiro, Xosé Manuel. "Sen cartos pero con polémica". El País. Consultado o 13 de decembro de 2017.
  6. Redacción (29-07-2020). "Cando Agustín Fernández Paz rexeitou un premio de Feijóo por "agredir á cultura que finxe reivindicar"". galiciaconfidencial.com. Arquivado dende o orixinal o 31-07-2020. Consultado o 30-7-2020.
  7. Rey, Noemí (28 de xaneiro de 2013). "Agustín Fernández Paz, seis lembranzas e unha narración no camiño ata o Honoris Causa". Duvi Uvigo. Consultado o 21 de outubro de 2016.
  8. "Muere el escritor Agustín Fernández Paz". El Mundo. 12 de xullo de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016.
  9. "A despedida de Agustín Fernández Paz". Blog Xerais. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016.
  10. C, R (12 de xullo de 2016). "Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2016.
  11. cervantesvirtual.com (ed.). "Ficha de Agustín Fernández Paz". Consultado o 21 de outubro de 2016.
  12. 1 2 3 C., R. (25 de novembro de 2016). "'Cartas de inverno', de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2016.
  13. "La ciudad de los deseos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  14. "Les flors radioactives". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  15. "Lore erradioaktiboak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  16. "Las flores radiactivas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  17. "Les flores radioactives". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  18. "Cuentos por palabras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  19. "Contes per paraules". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  20. "Iragarki Ipuinak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  21. "Cuentos por palabres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  22. "Le livre des petites annonces". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  23. "El tesoro del dragón Smaug". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-19.
  24. "El tresor del drac Rebuf". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  25. "Smaug dragoiaren altxorra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-19.
  26. "Eth tresaur deth dragon Smaug". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  27. "Rapazas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  28. "Muchachas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  29. "Xiques". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  30. "Neskatxak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  31. "Raparigas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  32. "Las sombras del pasillo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  33. "Trece años de Blanca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  34. "Trezte anys de Blanca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  35. "Albak hamahiru urte". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  36. "Cartes d'hivern". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  37. "Neguko gutunak". bibliotraducion.uvigo.es (en S). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  38. "Cartas de invierno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  39. "Cartas de inverno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  40. "Tasmant en ti". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  41. "Winter Letters". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  42. "Amor de los quince años, Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  43. "Amor dels quinze anys, Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
  44. "Avinguda del Parc, 17". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  45. "Avenida del parque, 17". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  46. "[Avenida do Parque, 17]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  47. "El centre del laberint". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  48. "El Centro del laberinto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  49. "O centro do labirinto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  50. "El laboratorio del Dr. Nogueira". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  51. "Nogueira doktorearen laborategia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  52. "El laboratori del doctor Nogueira". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  53. "O laboratório do Doutor Nogueira". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  54. "Las hadas verdes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-05-06.
  55. "Les fades verdes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  56. "Con los pies en el aire". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  57. "Amb els peus enlaire". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  58. "Oin Hegalariak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  59. "Aire negre". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
  60. "Aire negro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
  61. "Aire beltza". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
  62. "Black Air". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
  63. "Aire negro – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-17.
  64. "El sueño del mirlo blanco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-19.
  65. "En el corazón del bosque". www.bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06-06-2020. Consultado o 18-07-2019.
  66. "En el cor del bosc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  67. "Basoaren bihotzean". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  68. "Un tren cargado de misterios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  69. "Un tren cargado de misterios (chinés)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  70. "Noche de voraces sombras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  71. "Nit d'ombres voraces". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  72. "Itzal suntsigarrien gaua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  73. "Mi nombre es Skywalker". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  74. "Em dic Skywalker". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  75. "Ime mi je Skywalker". Consultado o 2019-07-19.
  76. "O meu nome é Skywalker – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-19.
  77. "Tres passes pel misteri". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
  78. "Tres pasos por el misterio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
  79. "Raquel tiene miedo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  80. "La Raquel té por". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  81. "Rakel beldur da". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  82. "Laura y los ratones". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  83. "La Laura i els ratolins". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  84. "Laura eta Saguak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  85. "Laura and the mice = Laura y los ratones". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  86. "La escuela de los piratas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  87. "L’escola dels pirates". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  88. "Piraten eskola". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  89. "[A escola dos piratas_Koreano]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-17.
  90. "A escola dos piratas – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-17.
  91. "La noche de los animales". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  92. "La nit dels animals". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  93. "La huida del mar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  94. "La fugida del mar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  95. "Itsasoak ihes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  96. "Fantasmas en el pasillo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  97. "Fantasmes al passadís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  98. "Corredores de sombra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  99. "Passadissos d'ombra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
  100. "Corridors of Shadow". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  101. "Los guardianes del bosque". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  102. "Els guardians del bosc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  103. "Basoaren zaindariak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  104. "Querido enemigo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  105. "El rayo veloz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  106. "Lo único que queda es el amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
  107. "Només ens queda l'amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
  108. "Só resta o amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
  109. "Maitasuna da geratzen den bakarra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
  110. "O único que queda é o amor (coreano)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-21.
  111. "Nothing Really Matters in Life More Than Love". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  112. "La pastelería de Doña Remedios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  113. "¡Aúpa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  114. "Amunt!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  115. "Aupa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  116. "UPA! – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-21.
  117. "Luna de Senegal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  118. "Lluna del Senegal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  119. "Muros". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  120. "Murs". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
  121. "Il cielo non ha muri". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-07-21.
  122. "Corazón de piedra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  123. "Fantasmas de luz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  124. "Fantasmes de llum". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  125. "Las fronteras del miedo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  126. "Les fronteres de la por". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  127. "Malos tiempos para fantasmas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  128. "Mals temps per a fantasmes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  129. "Des d'una estrella distant". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  130. "Desde una estrella distante". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  131. "La nieve interminable". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  132. "La neu interminable". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  133. "Elurte amaiezina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-17.
  134. "El secreto de Isla Negra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
  135. "La casa del miedo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
  136. "No hi ha nit tan llarga". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
  137. "O rastro que deixamos - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2026-01-29.
  138. "El viaje de Gagarin". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
  139. "Pa lleer comics". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-21.
  140. "PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2010". Consultado o 14 de decembro de 2017.
  141. Redacción/EFE (12 de setembro de 2011). "Agustín Fernández Paz gana el VII Premio Iberoamericano SM de Literatura". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2022.
  142. "Agustín Fernández Paz, premio Ramón Piñeiro-Facer País". Praza.gal. 14 de setembro de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2016.
  143. ProLingua (20 de xuño de 2012). "Agustín Fdez. Paz para Doutor honoris causa". prolinguagalega.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2012. Consultado o 21 de xuño de 2012..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]