Apelido
| Apelido | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||

O apelido de familia é o nome da persoa relacionado coa súa ascendencia. Está intimamente ligado ao estudo xenealóxico e onomástico.
Descrición
[editar | editar a fonte]Na maioría das linguas indoeuropeas, o nome (chamado ás veces prenome) precede o apelido de familia (ou sobrenome) para designar as persoas. Nalgunhas culturas e idiomas (por exemplo en húngaro, vietnamita, chinés, xaponés ou coreano), o apelido precede o prenome na orde do nome completo.
Na maioría das culturas as persoas teñen só un apelido, xeralmente herdado do pai. No entanto, en culturas como a española, a portuguesa ou a brasileira é costume que os fillos reciban un (ou máis) apelido(s) de ambos os dous proxenitores. Mentres en España e na América hispana os sobrenomes paternos preceden os maternos, en Portugal e no Brasil a orde dos apelidos non segue regras fixas: en Portugal a lei non a regula[1] e no Brasil permite engadir os apelidos dos proxenitores ou doutros ascendentes en calquera orde[2]. En Portugal o número máximo de apelidos permitidos é catro[1], mentres que en España é de dous (o primeiro de cada proxenitor)[3]; a lei brasileira non fixa un número máximo.
En moitas culturas tamén é habitual que unha muller asuma o apelido do marido após o casamento. En Alemaña, por exemplo, preto de tres cuartos das parellas elixen o apelido do home como apelido común[4], e nos Estados Unidos o 79 % das mulleres casadas con homes din que adoptaron o apelido do seu marido, mentres que un 14 % mantivo o seu (o chamado maiden name) e un 5 % uniu ambos[5]. En Francia, en cambio, o matrimonio non modifica o apelido legal: cada cónxuxe conserva o seu e pode usar o do outro como nome de uso[6]. Un caso coñecido de unión de apelidos é o de Hillary Rodham Clinton.
En España, as mulleres conservan normalmente os seus apelidos despois do casamento[7]: nunca houbo obriga legal nin costume xeral de adoptar o do marido, e só se coñecen casos raros, en ambientes da vella nobreza, de mulleres que engadían un "de" aos seus dous apelidos[8].
En Portugal, a muller pode acrecentar o apelido (ou apelidos) do marido aos seus, sen perder os seus propios[9]. Esta práctica pode orixinar nomes extraordinariamente longos ou causar situacións como unha muller chamada Maria Santos Silva casar con un home chamado José Pereira Santos, pasando o seu nome a ser Maria Santos Silva Santos. O Código Civil de 1966, en vigor durante o Estado Novo, recoñecía á muller o dereito a usar os apelidos do marido[10]; desde a reforma de 1977, cada cónxuxe conserva os seus apelidos e pode engadirlles ata dous do outro[9]. Non é inhabitual en Portugal unha muller asumir o sobrenome do marido mais non o usar nin na súa vida profesional nin na súa vida persoal (véxase o caso de Maria Barroso[11]). Na lei actual, tamén está permitido que os homes engadan o apelido da esposa[9].
En países como o Xapón, ao casar, un matrimonio é obrigado a asumir un apelido en común[12], e a pesar de que a lei permite elixir o apelido de calquera dos dous, a gran maioría das veces (o 94,1 % dos matrimonios en 2024) é o do home[13].
A práctica de que as mulleres asuman o apelido do marido é criticada por algúns sectores como discriminatoria; no Xapón, por exemplo, varias demandantes levaron en 2015 a obriga do apelido común ante o Tribunal Supremo, que a considerou constitucional[14].
Orixe dos apelidos
[editar | editar a fonte]A maioría dos apelidos, segundo a orixe, poden dividirse en 5 grupos: patronímicos, toponímicos, mundo vexetal, mundo animal e outros[15]. Moitos apelidos foron castelanizados durante os séculos escuros, ben simplemente adaptándose foneticamente (Feijoo/ Feixoo), ben só graficamente (Rivas/ Ribas), ou ben substituíndose polos seus equivalentes casteláns (Alonso/ Afonso). Indícanse en todo caso entre parénteses as súas variantes actuais castelanizadas non estándares, de existiren[16]. Vexamos, por tanto, as orixes de todos estes apelidos:
Apelidos patronímicos
[editar | editar a fonte]Os apelidos patronímicos están moi difundidos e son os nomes de familia máis antigos, nacidos na Idade Media no norte da Península Ibérica e despois difundidos cara ao sur, e posteriormente a América (México, América Central e do Sur)[17]. Orixináronse de tres maneiras:
- a) O procedemento máis frecuente foi engadir ao nome de pai o sufixo -ez: así, o pai de Pai Estévez chamábase Estevo[18]. A forma -es aparece tamén en Portugal e no Brasil.
- b) Cando o procedemento de formación do sufixo -ez deixou de funcionar, no século XV, cando o patronímico perdeu o seu sentido filiatorio[17], moitos nomes persoais se habilitaron como segundos nomes simplemente por xustaposición ou coa preposición de: así, Pedro de Alberte era fillo de Alberte.
- c) Tomaron o nome de pía dun santo da Igrexa, moitas veces debido a seren cristiáns novos (como os sefardís e outros conversos) e evitaren así problemas coa Inquisición[19].
A) Patronímicos que manteñen o nome de pía orixinario
- Alberte (Alberto, Alverte)
- Alexandre (Alejandro, Alejandre)
- Afonso (Alonso, Alfonso)
- Amado
- André
- Antón
- Arias, Airas
- Baldomir (Valdomir)
- Benedito (Benedicto)
- Bernaldo
- Bieito (Benito, Vieito)
- Breixo (Breijo)
- Cristovo (Cristobo, Cristóbal)
- Domingos, Domingo
- Estevo (Esteban, Estebo, Estevan)
- Fins, Fiz (Feliz)
- García
- Lourenzo (Lorenzo)
- Osorio
- Paio (Payo) (en castelán Pelayo)
- Rosende
- Senín
- Tomé, Tomás
- Vasco (Velasco, Blasco)
- Vicente
- Vidal
- Xiao (Giao)
- Xil (Gil)
- Xácome (Jácome)
- Xurxo (Jorge, Jurjo)
B) Patronímicos co sufixo -EZ / -ES (que por evolución fonética pode dar lugar a -IZ e -IS)
- Álvarez
- Vermúdez (Bermúdez)
- Bieites (Vieites, Vieytes), Biéitez (Viéitez, Viéytez)
- Díaz, Días, Diéguez, Diz
- Domínguez, Mínguez
- Eanes (Yáñez, Yánez, Yanes, Yañes)
- Estévez
- Fernández (Hernández)
- Froiz
- Gómez
- Henríquez (Enríquez)
- López
- Martínez (Martiz, Martís, Martíns)
- Méndez (Menéndez)
- Miguez (Miguélez), Míguez, Miguéns
- Núnez (Núñez)
- Ozores
- Pais, Páez (Peláez), Paes
- Pérez (port. Pires)
- Ramírez
- Reimúndez
- Rodríguez
- Ruíz, Rois
- Sánchez
- Vázquez (Blázquez), Vásquez
Con similar significado ao noso -EZ/-ES temos sufixos semellantes noutras linguas: o sufixo "-son" (‘fillo’) utilizado en apelidos nórdicos e ingleses (Harrison, Morrison, Edison), "-vich" e "-ov(a)" dos apelidos rusos e outras culturas eslavas; ademais dos prefixos "Ibn-" ou "Bin-" dos árabes, "Ben-" dos xudeus, "Mac-" e "Mc-" (fillo de) e ou "O'-" (neto de) do gaélico (irlandés e escocés). Véxase tamén a formación de nomes islandeses.
Apelidos toponímicos
[editar | editar a fonte]Estes apelidos están moi difundidos na Península Ibérica. Derivan do nome do lugar onde vivía, procedía ou posuía terras a persoa ou familia asociados ao apelido. Moitos están precedidos da preposición "da", "das", "do", "dos" ou simplemente son xentilicios. No País Vasco, moitos apelidos coinciden co nome da casa (etxea) onde viviu orixinariamente a familia[20].
Algúns apelidos toponímicos son:
- Abanqueiro
- Agrafoxo (Agrafojo)
- Agromaior (Agromayor)
- Aira, Airas, das Airas/ Dasairas, Eiras (Heras, Erias, Eyras)
- Alemparte, Lamparte, Lemparte
- Aneiros
- Axeitos (Ageitos, Ajeitos)
- Balsa, Balseiro (Balseyro)
- Barcia (Bárcena), Bárcea, Barxa (Barja), Barxas (Barjas), Varcia
- Beira (Veira, Vera), Beiras (Veiras)
- Braña, Brañas, Brañeiro
- Cabana, Cabanas (Cabañas), Cabano
- Camposa
- Caneiro
- Carreira (Carrera), Carreiras (Carreras), Carreiro (Carrero)
- Casal, Casais (Casales), Casás (Casales), Casar, Casares
- Casanova, Casanovas, Casasnovas
- Casavella (Casabella)
- Castelo (Castillo), Castelos (Castillos)
- Castro
- Celeiro (Cillero)
- Chan, Chans, Chao, Chaos, Chás
- Chousa
- Corgo, Corgos
- Corredoira (Corredera, Corredoyra), Corredoiras
- Cortiña, Cortiñas
- Costa (Cuesta), Costas, Acosta, da Costa/ Dacosta
- Cotarelo, Cotelo
- Cotón
- Cuíña, Cuíñas
- da Barca/ Dabarca, da Bouza/ Dabouza, da Cal/ Dacal, da Casa/ Dacasa, da Cova (Dacoba)/ Dacova (Dacoba), da Cruz/ Dacruz, da Fonte (Lafuente)/ Dafonte (Lafuente), da Fraga, da Lama/ Dalama, da Pena/ Dapena, da Pía/ Dapía, da Ponte/ Daponte, da Porta/ Daporta, da Poza/ Dapoza, da Presa/ Dapresa, da Riba (da Riva)/ Darriba (Darriva), da Rocha/ Darrocha, da Vila/ Davila, da Viña/ Daviña...
- Devesa (Debesa)
- do Barro/ Dobarro, do Cabo/ Docabo, do Cal/ Docal, do Camiño/ Docamiño, do Canto/ Docanto, do Casar/ Docasar, do Covo (Docobo)/ Docovo (Docobo), do Couto, do Curro/ Docurro, do Forno/ Doforno, do Mato/ Domato, do Muíño/ Domuíño, do Muro/ Domuro, do Pazo/ Dopazo, do Rego/ Dorrego, do Río (del Río)/ Dorrío (del Río), do Valo/ Dovalo (Dobalo), do Vao/ Dovao (Dobao)...
- Ermida (Hermida), Ermidas (Hermidas)
- Escourido
- Espiñeira
- Fompedriña
- Fontaíña
- Foxo (Fojo)
- Fraga, Fragas, da Fraga
- Freita
- Graña
- Insua
- Laxe (Lage, Laje), Laxes (Lages)
- Lousa (Losa), Lousas (Losas)
- Mariñas
- Monteagudo
- Montemuíño (Montemuiño)
- Mosteiro (Monasterio)
- Outeda, Outeiral
- Outomuro, Outumuro
- Pacio, Pacios, Pazo, Pazos, do Pazo/ Dopazo, Opazo, dos Pazos/ Dospazos
- Parada
- Paradela
- Páramo, Paramos
- Pardiñas
- Parga
- Pastoriza
- Pazó
- Pedreira (Pedrera), Pedreiras
- Pedrido
- Rúa, Rúas
- Val (Valle, Val), Vale (Valle), Vales (Valles), Avale (Aballe, Avalle), do Val/ Doval, do Vale/ Dovale, Ovale (Ovalle)
- Valboa (Balboa, Balbuena)
- Valiña (Baliña), Valiñas (Baliñas), Valiño (Baliño), Valín (Balín)
- Vao (Bao), do Vao/ Dovao (Dobao)
Haxiotopónimos (San ou Santo + nome persoal)
- Sampaio (Sampayo)
- San Domingo (Santodomingo, Santo Domingo)/ Sandomingo (Santodomingo, Santo Domingo)
- San Fins/ Sanfíns, Sanfís, San Fiz/ Sanfiz
- San Xurxo (Sanjurjo, San Jorge, Sanjurgo)/ Sanxurxo (Sanjurjo, Sanjorge, Sanjurgo), San Xorxe (Sanjorge, San Jorge)
- Santa Mariña/ Santamariña (Santamarina)
- Santaia (Santaya), Santalla, Santabaia (Santabaya), Santaballa
- Santiago
- Santomé, Santomás
Apelidos de toponímicos do mundo vexetal
- Ameixeiras (Ameijeiras, Ameigeiras)
- Albelo, Alvelo
- Aveal (Abeal)
- Bacelo, Bacelos
- Bidueira (Vidueira), Bidueiras (Vidueiras), Bidueiro (Vidueiro), Bidueiros (Vidueiros)
- Bodelo
- Brión
- Bugallo
- Carballa, Carballo (Carbajo), Carvallo
- Faba
- Laranxeira
- Liño (Lino), Liños (Linos)
- Oliveira (Olivera), Olveira
- Pereira (Pereyra), Pereiras, Pereiro, Pereiros
- Souto (Soto)
Apelidos de toponímicos procedentes de nomes de animais
- Abella
- Gato
- Pardal
- Pita
- Pombal
- Raposo, Golpe
- Rato
- Sardiña (Sardina)
Outros apelidos
[editar | editar a fonte]Profesións, títulos e dignidades
[editar | editar a fonte]- Barbeiro (Barbero)
- Besteiro (Vesteiro)
- Bispo (Vispo, Obispo)
- Cabaleiro (Caballero)
- Carreiro (Carrero)
- Conde
- Cordeiro (Cordero)
- Crego
- Cribeiro
- Cunqueiro
- Ferreiro (Herrero)
- Frade
- Guerreiro (Guerrero)
- Lobeiro
- Mariño (Marino)
- Meleiro (Melero)
- Monteiro (Montero)
- Pulpeiro
- Queixeiro (Queijeiro, Quijeiro)
- Santeiro
- Troiteiro, Truiteiro
- Xuíz (Juiz, Juez)
Apelidos de alcuños ou características morais ou físicas
[editar | editar a fonte]Son aqueles que derivan dunha descrición ou algún alcuño da persoa ou familia asociada ao apelido. Algúns apelidos de alcumes ou descrición física ou moral son:
- Albo
- Bo (Bueno), Boo (Bueno)
- Branco (Blanco)
- Calvo
- Cao
- Fachado
- Formoso
- Gago
- Ledo
- Louro
- Louzán (Lozano), Louzao (Lozano)
- Mouriño, Mourelo (Morillo)
- Roibal, Ruibal
- Rouco
- Roxo (Rojo)
- Tato
- Vello (Bello, Viejo)
- Veloso (Beloso)
- Vizoso
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Composição do nome". Instituto dos Registos e do Notariado (IRN) (en portugués). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Lei n.º 6.015, de 31 de dezembro de 1973 (art. 55, redacción da Lei 14.382/2022)". Planalto (en portugués). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Ley 20/2011, de 21 de julio, del Registro Civil (art. 49)". Boletín Oficial del Estado (en castelán). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Familiennamen bei der Heirat und Vornamenprognose 2018". Gesellschaft für deutsche Sprache (en alemán). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "About 8 in 10 women in opposite-sex marriages say they took their husband's last name". Pew Research Center (en inglés). 2023-09-07. Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Une femme garde-t-elle son nom de famille en se mariant ("nom de jeune fille") ?". Service-Public.fr (en francés). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Spain: Knowledge Base profile". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Why do Spanish women not change their surnames when they get married?". The Local Spain (en inglés). 2025-02-25. Consultado o 2026-10-28.
- 1 2 3 "Direito ao nome em caso de casamento". Diário da República (en portugués). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Decreto-Lei n.º 47344/66, de 25 de novembro (Código Civil), art. 1675.º, redacción orixinal". Procuradoria-Geral Distrital de Lisboa (en portugués). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Morreu Maria Barroso, a ex-primeira dama que nunca abdicou do nome de solteira". Público (en portugués). 2015-07-07. Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Judgments of the Supreme Court". Supreme Court of Japan (en inglés). 2015-12-16. Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "夫婦の姓(名字・氏)に関するデータ". Gabinete para a Igualdade de Xénero do Goberno do Xapón (en xaponés). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ "Japan top court upholds law on married couples' surnames". BBC News (en inglés). 2015-12-16. Consultado o 2026-10-28.
- ↑ Monterroso Devesa, José-Maria (1990). Apelidos galegos. A Coruña: AGAL.
- ↑ "Busca da forma estándar". Real Academia Galega. Consultado o 2025-12-05.
- 1 2 Salazar y Acha, Jaime de. Génesis y evolución histórica del apellido en España (PDF) (en castelán). Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía.
- ↑ "patronímico, patronímica". Diccionario de la lengua española (RAE-ASALE) (en castelán). Consultado o 2026-10-28.
- ↑ Muñoz Solla, Ricardo (2019). "Identidad y antroponimia en contextos judeoconversos". Moenia (en castelán) 25: 217–235. ISSN 2340-003X.
- ↑ "Nombre familiar o apellido". Atlas Etnográfico de Vasconia (en castelán). Consultado o 2026-10-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MONTERROSO DEVESA, J.M., Apelidos galegos, AGAL, A Coruña, 1990.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cartografía dos apelidos de Galicia, ILG
- Respostas ao consultorio onomástico da MNL
- Información sobre máis de 3000 apelidos de Galicia
- Nomes e apelidos máis frecuentes dos residentes en España, ligazón ao INE (en castelán)
- Apelidos máis frecuentes por concellos de Galicia Arquivado 06 de maio de 2021 en Wayback Machine.