Saltar ao contido

Arcada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcada
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01jf71 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 77445/1-arcada
Wikidata C:Commons

A arcada, ás veces tamén arquería, é un elemento arquitectónico composto por unha sucesión de arcos, soportados por columnas ou piares. As arcadas exteriores son deseñadas para dar covertura da choiva aos viandantes. Se os arcos son cegos ou pechados, contra un muro sólido, chámaselle arcada falsa ou arcada cega.[1]

As arcadas cegas son un elemento da arquitectura románica que influíu na arquitectura gótica. Na arquitectónica gótica tradicional, as arcadas poden situarse no interior (na parte inferior do muro da nave, servindo de apoio ao triforio e ao claristorio nunha catedral[2]) ou no exterior, onde adoitan formar parte dos corredores que rodean patios e claustros.

Outro significado, relacionado co anterior, é o de pasaxe cuberta con tendas a un ou a ambos os lados.[3] Moitas arcadas medievais abertas acollían tendas ou postos, xa sexa no propio espazo arqueado ou integrados no muro principal situado detrás. A partir disto, o termo "arcada" pasou a designar, en sentido xeral, un conxunto de tendas situadas nun mesmo edificio, independentemente da súa forma arquitectónica.

Arcada do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo.
  1. ↑ Bettley, James; Pevsner, Nikolaus (2007-01-01). Essex (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0-300-11614-4.
  2. ↑ Chambers, William; Chambers, Robert (1884). Chambers's information for the people; edited by William and Robert Chambers. London,: Chambers,.
  3. ↑ Fleming, John; Honour, Hugh; Pevsner, Nikolaus (1972). The Penguin dictionary of architecture. Penguin reference books (2nd ed ed.). Harmondsworth: Penguin. ISBN 978-0-14-051013-3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.