Saltar ao contido

Caldo de castañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caldo de castañas
 Nome orixinal
    caldo de castañas (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Temperatura
 Gastronomía
Características
 Material / ingrediente
Wikidata

O caldo de castañas (tamén chamado caldo de maias, sopa de castañas ou calduda[1]) é un caldo típico da cociña galega elaborado con castañas fervidas nunha especie de potaxe. É unha preparación culinaria moi habitual nas zonas montañosas do interior de Galiza.[2] É un prato moi típico dos días fríos de inverno.

Características

[editar | editar a fonte]

As castañas pélanse e cócense con allo, a seguir adóitase elaborar un rustrido con abundante cebola, pemento en po e un pouco vinagre. Non leva nin verzas, nin feixóns.[3] Menciónase que este prato se adoita preparar nos días de neve cando resulta difícil saír na procura de verzas e se pode arranxar coas castañas almacenadas do outono. Ás veces acompáñase o caldo con carne de porco fría.

Algunhas variantes levan, ademais, fabas, patacas e unto[4].

Variantes

[editar | editar a fonte]

Nalgunhas zonas de Francia e Galiza adóitanse preparar os caldos de castañas, ou tamén acompañadas de leite (Castañas con leite).

  1. ↑ Gómez Clemente, Xosé María; Benavente Jareño, Pedro (1997). Diccionario de sinónimos da lingua galega. Galaxia. p. 161.
  2. ↑ Cunqueiro, Álvaro (2004). La cocina gallega. Galaxia. p. 28. ISBN 84-8288-706-8.
  3. ↑ Rodríguez González, Eladio (1967). Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia.
  4. ↑ García González, Constantino (1985). Glosario de voces galegas de hoxe. Verba, anexo 27. Universidade de Santiago.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]