Saltar ao contido

Chipilo

Chipilo
 Nome orixinal
    Chipilo (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Chipilo (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    chipileni (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua usada
Datas
 Fundación / creación
1882 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   4.059 (2020, 2020) censo Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.143 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal74325 Editar o valor en Wikidata
VIAF233860747 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05cgq7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Chipilo é unha cidade localizada a 12 km ao sur da cidade de Puebla, en México. Está localizada a 2.150 metros sobre o nivel do mar. O seu nome oficial é Chipilo de Francisco Javier Mina. O xentilicio dos seus habitantes é chipileños.

Chipilo foi fundado o 2 de outubro de 1882 por inmigrantes italianos provenientes da rexión setentrional do Véneto, aínda que tamén houbo algúns piamonteses e lombardos entre os fundadores. A maioría deles viñeron de Segusino e dos pobos contiguos nas provincias de Treviso e Belluno, como Quero, Valdobbiadene, Feltre e Maser. Neste sentido, a inmigración italiana a Chipilo difire da doutros lugares de Latinoamérica, pero asemellase ó das rexións agrarias da Arxentina, zonas onde a maioría dos inmigrantes proveñen das rexións do Centro-Norte de Italia. Os inmigrantes viñeron a México en busca de terras fértiles e fuxindo da pobreza que azoutaba a rexión do Véneto nesa época. Moitos deles dedicáronse á gandería. Os produtos lácteos volvéronse famosos en moitos lugares de México. Durante os primeiros 20 anos da súa fundación, Chipilo foi unha colonia de estranxeiros chamada Colonia Fernández Leal.[1]

Lingua e cultura

[editar | editar a fonte]

Os chipileños conservan as súas tradicións de orixe e especialmente a súa lingua, o véneto (na súa variedade local, o chipileño). Aínda se fala hoxe en Chipilo a lingua véneta dos seus bisavós. A variante véneta que se fala é o feltrin-belumat. Resulta sorprendente que a lingua non sufriu grandes influencias do español, como, por contra, ocorreu na Arxentina, ou acontece en Italia co influxo da lingua oficial.

  1. ↑ UDLAP, Chipilo. Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]