Echizen 越前市, えちぜんし, Echizen-shi) é un concello da prefectura de Fukui no Xapón. Está situado ao oeste da zona de Hokuriku na rexión de Chūbu e no centro da prefectura, na zona da provincia histórica de Echizen (Reihoku), no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 230,75km², a poboación é de 85.387 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 370 hab./km².
A cidade de Echizen foi fundada pola fusión do concello da cidade de Takefu e o concello da vila de Imadate do distrito de Imadate o 1 de outubro de 2005.