Igrexa de San Bieito de Fefiñáns
Aparencia
| Igrexa de San Bieito de Fefiñáns | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fefiñáns | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de San Bieito é un templo católico localizado na praza de Fefiñáns, Cambados, a carón do Pazo de Fefiñáns.
Características
[editar | editar a fonte]O edificio actual foi edificado entre o 1618 e o 1634[1] sobre as ruínas dunha capela románica, por instancia de Gonzalo de Valladares (1583-1659), primeiro vizconde de Fefiñáns. Posúe dúas torres de estilo churrigueresco levantadas a finais do século XVIII. No lateral, de cara á praza, existía unha escalinata actualmente suprimida, se ben a Consellería de Vivenda anunciou un plan para reconstruíla, co ánimo de que a praza recuperase o seu aspecto orixinal [2].
No seu interior atópanse os sepulcros de Gonzalo de Valladares e a súa muller.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da igrexa de San Bieito de Fefiñáns.
- Inscrición na fachada
- Un dos Balboas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Galicia". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 24 de novembro de 2008.
- ↑ "La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2008.