Intasat orientábase magneticamente e estabilizábase mediante xiro; a súa misión principal foi realizar estudos da ionosfera. Foi lanzado xunto con varios outros satélites. Tiña forma de prisma de 12 caras, cunha distancia de 44,2cm entre vértices opostos e 41cm de alto. As antenas despregadas radialmente a partir do corpo do satélite medían uns 175cm contando desde o centro. Contaba ademais con catro antenas de 49cm de longo para telemetría que se despregaban diagonalmente desde un dos extremos do satélite. O sistema eléctrico funcionaba a 16 voltios e era alimentado por células solares e un conxunto de doce baterías de níquel-cadmio.[4][1][2][3]
Intasat foi inxectado nunha órbita heliosincrónica. Uns 40 postos de observación terrestre seguiron o satélite para facer estudos ionosféricos. O satélite foi apagado automaticamente tras dous anos de funcionamento por un temporizador programado.[1][2]