Saltar ao contido

Magda Donato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMagda Donato

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoCarmen Eva Nelken Mansberger
6 de febreiro de 1898
Madrid, España
Morte3 de novembro de 1966 (68 anos)
Cidade de México, México
País de nacionalidadeEspañola
Actividade
OcupaciónEscritora, xornalista, actriz e actriz de cinema
Pseudónimo literarioMagda Donato Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaSalvador Bartolozzi (1917–1950) Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargarita Nelken Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0232276 BNE: XX1017794 Editar o valor en Wikidata

Magda Donato, pseudónimo de Carmen Eva Nelken Mansberger, nada o 6 de febreiro de 1898 en Madrid e finada o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, foi unha xornalista, dramaturga, narradora e actriz española que tivo que se exiliar en México tras a Guerra Civil Española. Foi irmá da escritora e política Margarita Nelken.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid[2] no seo dunha familia comerciantes de ascendencia xudeu-alemá.[3] O seu pai era un xoieiro español, e a súa nai, nada en Francia, era filla dun reloxeiro que, en 1889, fora a Madrid a traballar como reloxeiro de palacio e, ademais, que posuíu unha reloxaría e xoiaría na Puerta del Sol, nº 15 de Madrid. A súa rica familia proporcionoulle unha esmerada educación superior, pouco común para as mulleres nese momento.[1]

Decontado, en 1917, comezou a escribir no xornal El Imparcial, diario da familia Gasset, e máis tarde noutros xornais madrileños como Estampa, El Liberal e La Tribuna.[4] Asinaba os seus artigos como Magda Donato, para autoafirmarse fronte á súa irmá máis vella, Margarita Nelken.[4]

Nos anos trinta realizou para o diario Ahora unha serie chamada Reportajes vividos, nos que coñeceu desde dentro un hospital psiquiátrico, un albergue de mendigos e un cárcere de mulleres.[5]

En 1939 viuse obrigada a saír ao exilio pola guerra civil española, foi a Francia, e en novembro de 1941 chegou a México, onde iniciou a súa carreira como actriz no grupo Les comediéns de France.[6] Escribiu xunto coa súa parella Salvador Bartolozzi obras de teatro para nenos como Pinocho en el país de los cuentos ou Las aventuras de Cucuruchito y Pinocho, estreadas en México durante a década de 1940.[7] Algunhas das súas películas máis coñecidas foron La liga de las muchachas (1949), Curvas peligrosas (1950), El amor no es negocio (1949) e Caperucita y Pulgarcito contra los monstruos (1960). O seu labor como actriz sería recoñecido en 1960 co premio á mellor actriz concedido pola Agrupación de Críticos de Teatro.

Tras a súa morte o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, creouse o Premio Magda Donato co fin de recoñecer e premiar a mellor obra escrita do ano,[4] premio que foi administrado pola Asociación Nacional de Directores y Actores (ANDA) ata a súa desaparición en 1973.

  • La carabina (1924)
  • ¡Maldita sea mi cara! (1929)
  • Las otras dos (1931)
  • La protegida de las flores
  1. 1 2 Guillermina Torres. Magda Donato, la eterna desconocida. http://ctxt.es/es/20170208/Culturas/11018/Magda-Donato-feminismo-sufragio.htm. Acceso o 30 de maio de 2017. (En castelán)
  2. ↑ RODRIGO, Antonina, Mujer y exilio, Flor del Viento, Barcelona, 2003, p. 32 (en castelán).
  3. ↑ Los "Reportajes" de Magda Donato revelan el "periodismo vivido" de los años 30 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. La Voz Libre. 3-4-2010. Consultado o 30-05-2017.
  4. 1 2 3 Intelectuales de la Edad de Plata (11). Magda Donato Concepción Bados Ciria. Centro Virtual Cervantes. 29-4-2009. Consultado o 18-11-2012.
  5. ↑ "Viviendo como una reclusa: Magda Donato ya hacía periodismo gonzo en los años treinta | Somos Malasaña". somosmalasana.eldiario.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-09-23.
  6. ↑ Donato, Magda Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Cine mexicano. Consultado o 18-11-2012
  7. ↑ MEDINA ORTIZ, Xóchitl (2013), 70 años de teatro escolar del Instituto Nacional de Bellas Artes. Memoria 1942-2012, México, INBA, p. 23-27 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]