Micipsa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século II a. C. Cirta |
| Morte | 118 a. C. Numidia |
| Rei de Numidia | |
| 148 a. C. – 118 a. C. | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Fillos | Aderbal (rei da Numídia), Hiempsal I |
| Pai | Masinisa |
| Irmáns | Gulusa Mastanabal |
| Parentes | Iugurta, fillo adoptivo |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Реальный словарь классических древностей по Любкеру Nordisk familjebok, 2nd edition (en) |

Micipsa (? - 118 a.C.) (en tifinagh: MKWSN), fillo e sucesor de Masinisa, foi un rei de Numidia. Herdou o trono en 148 a.C. e reinou durante preto de trinta anos.
Á morte do seu pai, o poder repartiuse entre Micipsa e os seus irmáns Gulussa e Mastanabal, que se ocuparon respectivamente da dirección do exército e da administración de xustiza. A súa política exterior foi unha continuación da de Masinisa, apoiando a Roma contra Cartago na terceira guerra púnica, e logo nas guerras lusitanas contra Viriato, nas que enviou arqueiros, tiradores de funda e elefantes a Escipión Emiliano.
Micipsa foi o pai de Hiempsal e Aderbal. Adoptou ao seu sobriño Iugurta (fillo do seu irmán Mastanabal) que chegou a ser no seu día rei de Numidia. Á súa morte, o reino dividiuse entre os tres, pero pronto impúxose Iugurta sobre os seus competidores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Micipsa |