Saltar ao contido

Palau Sant Jordi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palau Sant Jordi
Montjuïc Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
Características
 Situación patrimonial
Deporte
 Deporte
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
21 de setembro de 1990 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
   17.960 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Passeig Olímpic, 5-7, 08038 Barcelona Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0br7dp Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: palau.sant.jordi BNE: XX131239 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Palau Sant Jordi (do catalán: Pazo de San Xurxo) é un recinto cuberto e multifuncional situado na montaña de Montjuïc, en Barcelona , construído con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. Está considerado a xoia do chamado "anel olímpico de Montjuïc", que tamén integran instalacións como o Estadio Olímpico Lluís Companys, a Piscina de Saltos de Montjuïc ou as Piscinas Bernat Picornell.

É a instalación olímpica máis utilizada de Barcelona, xa que acolle todo tipo de acontecementos deportivos, espectáculos musicais e teatrais e encontros sociais. Para acontecementos deportivos ten unha capacidade de 16.670 espectadores sentados (habilitando bancadas no fondo sur, que normalmente carece delas), mentres que para concertos ten unha capacidade máxima superior aos 24.000 espectadores, aínda que as últimas ordenanzas municipais restrinxen as licenzas de uso a un máximo de 17.960 espectadores.

Deseñado polo arquitecto xaponés Arata Isozaki, foi inaugurado o 21 de setembro de 1990, dous anos antes da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona. Está considerado unha obra mestra da arquitectura e a enxeñaría moderna. A súa estrutura e materiais mecanizados confírenlle unha gran flexibilidade que permite adaptar o recinto para acoller os máis variados acontecementos. O Palau Sant Jordi foi o principal pavillón cuberto dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, acollendo a competición de ximnasia artística así como as finais de balonmán e voleibol.

O Palau Sant Jordi acolle regularmente espectáculos deportivos de todo tipo; tenis coas dúas finais de Copa Davis de 2000 e 2009; baloncesto coa celebración de dúas finais de Euroliga (1998 e 2003) e o Eurobasket en 1997; exhibicións de motocros e trial; así como deportes non habituais de practicar en recintos non especializados como o wíndsurf ou a natación (con motivo do Campionato Mundial de Natación de 2003, celebrado en Barcelona, instalouse unha piscina regulamentaria de 50x25 metros onde se disputaron as principais probas dos campionatos).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]