Ocupa unha superficie de 208,63km², situada a beiras do mar Mediterráneo, na costa suroeste da illa, no centro da baía de Palma. Cunha poboación de 416.065 habitantes en 2019, é a oitava cidade de España en número de habitantes e a primeira das Illas Baleares. A súa área metropolitana engloba nove concellos que abranguen 560.240 habitantes repartidos nunha superficie de 1.015,88km².
A cidade foi fundada polo cónsul romanoQuinto Cecilio Metelo o ano 123 aC. Durante o período islámico denomínase Madina Mayurqa. Co rei Xaime I chámase Mallorca. Co Decreto de Nova Planta recuperou oficialmente o nome romano, que, tamén oficialmente, no século XIX, se transformou en Palma de Mallorca; desde 1998 é oficialmente só Palma. Por antonomasia tradicionalmente os mallorquinos denomínana simplemente La Ciutat (A Cidade).
Corresponde ao termo municipal de Palma o arquipélago de Cabrera, formado polas illas de Cabrera, Conillera, els Estells, l'Imperial, Na Rodona, Na Foradada, Na Plana, Na Pobla e outros illotes menores.
Atópase situada no sector occidental da illa de Mallorca, quedando situada entre as comarcas naturais da Serra de Tramuntana, a cal presenta un relevo accidentado definido por aliñacións de dirección nordés-suroeste e polo Pla de Mallorca.
Cunha poboación de 400.578 habitantes (INE2015), é a cidade máis poboada de Mallorca e das Illas Baleares, así como a oitava cidade en poboación de España.
Evolución da poboación de Palma entre 1900 e 2010[2]
Os dous principais motores da economía son o turismo e a construción, que relegaron a un segundo plano á industria e ao sector primario (agricultura, gandería, pesca, minería). As industrias de hotelería atópanse entre as primeiras de España e ata do mundo enteiro. As zonas que concentran maior número de turistas son a praia de Palma e o centro da cidade.
↑Instituto Nacional de Estadística (INE) España (ed.). "Series históricas de poboación". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.