Praia do Son
| Praia do Son / Praia do Cruceiro | |
|---|---|
A praia do Son, ou do Cruceiro, a carón do porto | |
| 42°43′38″N 8°59′46″O / 42.727222, -8.996111 | |
| Características xerais | |
| Lonxitude | 170 m |
| Largo medio | 15 m |
| Grao de ocupación | Alta (no verán) |
| Grao de urbanización | No centro urbano |
| Paseo marítimo | Non hai |
| Características específicas | |
| Tipo de praia | Aberta |
| Tipo de area | Fina |
| Condicións do baño | Ondas febles |
| Seguridade | |
| Sinalización do perigo | Si |
| Accesibilidade | |
| Tipo de acceso | Fácil, a pé |
A praia do Son, tamén chamada praia do Cruceiro é un pequeno areal urbano do lugar do Porto do Son, na parroquia de Noal. Até o século XIX estendíase desde Rocapillón até o pé do cruceiro situado no cruzamento da baixada á zona portuaria desde a estrada AC-550. Antes da ampliación do porto estendíase até o antigo peirao vello, e tras as sucesivas obras de ampliación do porto chegou a desaparecer, rexurdindo na actual configuración deste, ampliando a súa extensión até máis alá do cruceiro (polo que algúns chámana tamén a que se formou).
Características
[editar | editar a fonte]
A súa lonxitude é de 170 m, e a súa anchura de 15 m. O nivel medio de ocupación nos verán é alto, sendo frecuentada sobre todo por familias con nenos, dado a súa escasa perigosidade. Está constituída por area branca moi fina, que o vento despraza até o novo xardín do porto. O estado habitual do mar é de ondas moderadas, e é moi ventosa. É apta para practicar o submarinismo. Dispón de servizos habituais como autobús interurbano, aparcadoiro non vixiado (de entre 50 e 100 prazas), ducha, sinalizacións de perigo claramente visíbeis.
Atención médica
[editar | editar a fonte]Para atencións médicas, no centro urbano hai un Centro de Saúde, situado na rúa Atalaia, s/n. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 15 km no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros no veciño concello de Ribeira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Playa O Son / Cruceiro en Playas de España (en castelán).
- Praia O Son (Cruceiro) Arquivado 15 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia (en galego).
- Relación das 22 praias do concello do Porto do Son en Queplaya.es (en castelán).