Premio Rosalía de Castro de Lingua
Aparencia
| Premio Rosalía de Castro de Lingua | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
O Premio Rosalía de Castro de Lingua recoñece o traballo de persoas ou entidades que contribúen á normalización lingüística da lingua galega. Está convocado pola Deputación da Coruña e o seu nome honra a memoria de Rosalía de Castro.[1]
Galardoadas/os
[editar | editar a fonte]2010 (I)
[editar | editar a fonte]2011 (II)
[editar | editar a fonte]2012 (III)
[editar | editar a fonte]2013 (IV)
[editar | editar a fonte]2014 (V)
[editar | editar a fonte]2015 (VI)
[editar | editar a fonte]2016 (VII)
[editar | editar a fonte]- Xabier P. DoCampo, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega
- Correlingua e Escola de Ensino Galego Semente ex aequo[2], Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de
poboación de menores de idade, infancia e mocidade
2017(VIII)
[editar | editar a fonte]- Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega
- Proxecto Apego[3][4], Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menores de idade, infancia e mocidade
2018 (IX)
[editar | editar a fonte]2019 (X)
[editar | editar a fonte]- Gciencia[6], Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega
- 21 Días co Galego[7], Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menores de idade, infancia e mocidade
2020 (XI)
[editar | editar a fonte]- Nós TV, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega
- Club de Debate, Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de
poboación de menores de idade, infancia e mocidade
2021 (XII)
[editar | editar a fonte]- Xaquín Marín: categoría de persoas que destacan na promoción da lingua por, segundo o xurado, "o compromiso continuado, o alcance social do seu traballo e por facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación nos que a presenza do galego era residual"[8]
- Agrupación Astronomía Ío: categoría de entidades, "por impulsar a lingua galega nun ámbito tan especializado como a astronomía e sen bagaxe no noso idioma".[8]
- Twitter en galego: categoría de proxecto de dinamización lingüística. Promovido por Carlos García Vieito, por "o proceso de tradución para configurar esta plataforma social na nosa lingua fornece un referente nas redes sociais para o público xeral e para a mocidade en particular".[8]
2022 (XIII)[9]
[editar | editar a fonte]- María Canosa: categoría de persoas. 0 xurado valorou «o seu compromiso firme coa lingua e longa traxectoria, que se reflicte nos premios recibidos e no recoñecemento e impacto social en múltiples ámbitos».
- AELG: Categoría de entidades.
- Brazolinda: Iiniciativas de dinamización para menores de idade.
2023 (XIV)[10]
[editar | editar a fonte]- Pakolas. Rock infantil e familiar en galego na categoría iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade.
- Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego, ex aequo, na categoría de entidades.
- O técnico de normalización lingüística Daniel Romero na categoría de persoas.
2024 (XV)[11]
[editar | editar a fonte]- Na categoría de persoas que destacan na promoción da lingua galega, a sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro.
- Na categoría de entidades destacadas no fomento do galego, a asociación Nova Escola Galega.
- Na categoría de proxectos de dinamización lingüística dirixidos á infancia ou mocidade, o proxecto do IES Rafael Dieste da Coruña "Aquí tamén se fala"
2025 (XVI)[12]
[editar | editar a fonte]- Xosé Ramón Freixeiro Mato na categoría de persoas "por ser un dos máis recoñecidos especialistas da lingua galega a nivel nacional e internacional" e "unha figura incuestionábel na defensa, estudo e promoción social do idioma".
- A asociación Ponte... nas ondas! na categoría de entidades.
- Na de iniciativas pola dinamización os proxectos CeibaRimas e Galego para peques.

2026 (XVII)
[editar | editar a fonte]- Carlos Callón: Na categoría de persoa que máis destaca na promoción da lingua galega. O xurado valorou especialmente o seu labor como «activista referencial en defensa dos dereitos lingüísticos», así como a dimensión do seu traballo no ámbito do libro galego e da divulgación arredor da lingua.[13]
- A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL): Na categoría de entidade que máis destaca na promoción do galego. O xurado recoñeceu a súa «traxectoria consolidada de trinta anos» e o seu papel como entidade referente «no desenvolvemento, coordinación e racionalización das políticas e accións de normalización lingüística en Galicia».[13]
- O premio ao mellor proxecto de dinamización lingüística dirixido á infancia e á mocidade foi concedido ex aequo a A Gramola Gominola e Vitamina G. No caso da Gramola Gominola, o xurado destacou o «compromiso firme co uso e defensa públicos da lingua galega» e unha traxectoria de máis de dez anos dirixida ao público infantil e familiar a través da música, dos contidos audiovisuais e dos libro-discos acompañados de materiais didácticos. Sobre Vitamina G, promovido pola profesora Mariña Lema, salientouse a orixe da iniciativa, nun centro educativo dun barrio coruñés cun contexto altamente desgaleguizado e con alumnado procedente de diferentes realidades lingüísticas.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resolución pola que se aproban as Bases e se convoca a IX edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2018 da Deputación da Coruña" (PDF). Consultado o 16 de marzo de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 "Premio de Lingua Rosalía de Castro". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 16 de marzo de 2018.
- ↑ "O Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña recoñece o labor normalizador da AS-PG e o proxecto Apego". Consultado o 16 de marzo de 2018.
- ↑ "Premio de Lingua Rosalía de Castro". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 16 de marzo de 2018.
- ↑ "A Galipedia e Pirilampo gañan o Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua da Deputación da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2018. Consultado o 05 de xullo de 2018.
- ↑ "GCiencia e 21 días co galego gañan os Premios de Lingua Rosalía de Castro". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-21.
- ↑ "El periódico 'Gciencia' y el proyecto '21 Días co Galego' ganan los Premios Rosalía de Castro de Lingua". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2019-06-20. Consultado o 2019-06-21.
- 1 2 3 "Xaquín Marín, Agrupación Ío e Twitter en galego gañan os Rosalía de Lingua". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "María Canosa, Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña". La Voz de Galicia. 2022-05-31. Consultado o 2022-06-01.
- ↑ Diario, Nós (2023-05-24). "Pakolas, Museo do Pobo Galego, Orgullo Galego e Daniel Romero gañan os Premios Rosalía de Castro". Nós Diario. Consultado o 2023-05-24.
- ↑ Galega, Consello da Cultura. "A Deputación da Coruña resolve o XV Premio Rosalía de Castro de Lingua". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2025-07-19.
- ↑ Diario, Nós (2025-07-18). "O Premio Rosalía recoñece o labor de Freixeiro Mato polo galego". Nós Diario. Consultado o 2025-07-19.
- 1 2 3 "Ficha Nova". www.dacoruna.gal. Consultado o 2026-05-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Premio Arquivado 16 de marzo de 2018 en Wayback Machine.