Rosario Álvarez Blanco
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xullo de 1952 Pontevedra |
| Presidenta do Consello da Cultura Galega | |
| 2018 – 27 de maio de 2026 ← Ramón Villares – Dolores Vilavedra → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | filóloga, profesora universitaria, romanista |
| Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (1998–) Universidade de Santiago de Compostela (1984–1998) Universidade de Santiago de Compostela (1982–1984) Universidade de Santiago de Compostela (1978–1982) Universidade de Santiago de Compostela (1976–1978) |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Xosé Xove Ferreiro |
| Fillos | Brais, Irimia e Daniel |
| Irmáns | Salomé Álvarez Blanco |
| Premios | |
Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952,[1] é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).[2] É membro da Real Academia Galega e presidiu o Consello da Cultura Galega entre 2018[3] (foi a primeira muller en presidilo)[4] e 2026.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974).[6] Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego,[7] desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Entre os cargos académicos que ocupou están a vicerreitoría de Profesorado (1990-1994), a dirección do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), e a dirección do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).[8]
O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar,[9] contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013.[10]
Estivo á fronte do Seminario de Gramática da RAG en 2003 e foi tamén tesoureira desta institución a partir de 2013.[11][8]
É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega.
Foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018.[4][12]
En xaneiro de 2020 recibiu o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de persoa física.[13]
En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Menchu Lamas.[14]
Obras
[editar | editar a fonte]A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:[15]
- O estudo da gramática descritiva da lingua galega, cunha perspectiva sincrónica mais con atención á historia da lingua galega e á gramática contrastiva portugués-galego.
- O cambio lingüístico, tanto no galego actual coma no antigo e medio.
- A edición e estudo de textos do galego medio e do galego da etapa previa ó Rexurdimento.
En 1986 publicou Gramática galega (ed. Galaxia)[16] xunto con Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, obra pola que acadaron o Premio Antón Losada Diéguez. En 2002 publicou Gramática da lingua galega (ed. Galaxia) canda a Xosé Xove.
Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios.[17]
En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.[18]
Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria.[19]
O seu labor investigador é moi prolífico e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega, entre outros.[20][21][22][23][24][25][26][27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rosario Álvarez Blanco no Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. Consultado o 04 de decembro de 2020.
- ↑ ILG (ed.). "O Instituto". Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ "Rosario Álvarez Blanco é elixida presidenta do Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. 31 de maio de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- 1 2 "Rosario Álvarez Blanco, primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega". Sermos Galiza. 1 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ Mateo Garrido Triñanes (28 de maio de 2026). "Dolores Vilavedra, presidenta electa do Consello da Cultura Galega: «Tentaremos preparar a institución para os retos do futuro»". El Correo Gallego.
- ↑ Álvarez Blanco, Rosario. (1974).Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ Álvarez Blanco, Rosario (1980). O pronome persoal en galego (Tese). Universidade de Santiago de Compostela.
- 1 2 "Ficha da investigadora en ORCID". orcid.org. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Variedade e diversidade da lingua". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ "Publicacións de Rosario Álvarez". ilg.usc.es. Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ "Membros da Academia: Rosario Álvarez Blanco". Real Academia Galega. Consultado o 01 de xuño de 2018.
- ↑ Álvarez Blanco, Rosario (2018). "Discurso da toma de posesión da Presidencia do Consello da Cultura Galega". Grial: revista galega de cultura 56 (219): 15–19. ISSN 0017-4181.
- ↑ "RADIO.- Rosario Álvarez Blanco: "Pontevedra ten unha tradición culta que poucas cidades teñen"". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-01-16.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "ÁLVAREZ BLANCO, Rosario - PDI - USC". www.usc.es. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ Alvarez Blanco, María Rosario; Monteagudo Romero, Henrique; Regueira Fernández, Xosé Luis (1989). Gramática galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 8471545306. OCLC 18253271.
- ↑ "Presentouse o sexto volume do Atlas Lingüístico Galego dedicado ao léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG.
- ↑ "Rosario Álvarez Blanco". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-08-31.
- ↑ ——— (1983). "O artigo en galego: morfoloxía". Verba (10): 169–182.
- ↑ ——— (1994). "Gramática descritiva e gramática prescritiva". Cadernos de Lingua (10): 19–36.
- ↑ ——— (2010). "As razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras". Estudos de lingüística galega (2): 205–220. ISSN 1889-2566.
- ↑ ——— (2014). ""Catalán, catalá". Breve percurso polo vocabulario e os textos en lingua galega". Estudis romànics (36): 325–332. ISSN 0211-8572.
- ↑ ——— (2015). "The accusative clitic in intransitive verb constructions: Aí o vai, aquí as están". Dialectología (Extra 5): 191–217. ISSN 2013-2247.
- ↑ ———; Blanco, Rosario Álvarez (2016). "O "Pranto da frota, por una ninfa galega" (c. 1702): tradición manuscrita, autoría, edición e estudo". Cuadernos de estudios del siglo XVIII (26): 233–270. ISSN 1131-9879.
- ↑ ——— (2017). "La lengua gallega en el espejo. Edición y estudio de seis villancicos gallegos cantados fuera de Galicia antes de 1650". Madrygal: Revista de estudios gallegos (Extra 20): 25–39. ISSN 1138-9664.
- ↑ ——— (2017). "A fala berciana na obra de Fernández Morales". Boletín da Real Academia Galega (378): 489–500. ISSN 1576-8767.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosario Álvarez Blanco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 26. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
| Predecesor: Manuel González González |
Tesoureira da RAG 2013 - 2017 |
Sucesor: Marilar Aleixandre |
| Predecesor: Ramón Villares |
Presidenta do Consello da Cultura Galega 2018 - 2026 |
Sucesor: Dolores Vilavedra |