Saltar ao contido

Seixebra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seixebra
 Nome taxon
    Teucrium scorodonia
 Nome curto
    T. scorodonia (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeLamiales
 FamiliaLamiaceae
 TriboTeucrieae
 XéneroTeucrium
 EspecieTeucrium scorodonia Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Teucrium scorodonia Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0h1s7j Editar o valor en Wikidata
UNII2MJ724W91Q Editar o valor en Wikidata
ITIS32360 Editar o valor en Wikidata
OTT382149 Editar o valor en Wikidata
CoL55XSG Editar o valor en Wikidata
EOL579684 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000322618 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Detalle das flores.
Follas.
Ilustración

A seixebra [1], Teucrium scorodonia, é unha planta herbácea perenne da familia das Lamiáceas de follas enteiras e flores brancas, amarelas ou avermelladas, agrupadas en inflorescencias. Medra nas zonas temperadas, incluíndo Galiza e adoita usarse coma ornamental[2]. Tamén recibe os nomes de ourego bravo e sarxa brava[3].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Arbusto anano viloso, de talos ergueitos e ramosos de até 50 cm ou máis. Follas triangulares-ovadas de baseen forma de corzón, con dentes arredondados, engurrados, peciolados. Flores amarelo-averdadas, raramente brancas ou vermellas, en inflorescencias longas, simples ou ramosas, laxas, espiciformes. Corola de 9 mm, de pelo tipo la, estames moito máis longos. Cáliz acampanado, bilabiado, con labios tomentosos e a metade de longo ca o cáliz, que está curvado e é protuberante no baseamento. Florea a final da primavera e polo verán.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Sotobosque de faiais, sobreirais, caxigais, freixedos, piñeirais, fragas, uceiras, herbeiras, pasteiros montanos, lamazais, lugares húmidos e sombríos, beirís dos camiños e beiras dos regueiros, fendas de rochas, noiros rochosos, lugares abertos e asollados, en substrato silíceo, area ou calcario; medra dende o nivel do mar até 2000 m de altitude. Florea de maio a novembro. Aparece en Galiza e en case toda a Península Ibérica, agás o Levante e o sueste.[4] Distribúese tamén en practicamente por toda Europa, e esténdese até Tunisia polo sur.[5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Teucrium scorodonia, foi descrita por (Coss. ex Pau) Castrov. & Bayon e publicado en Anales del Jardín Botánico de Madrid 47: 508. 1989[1990].[6]

Etimoloxía

Teucrium: nome xenérico que deriva do grego τεύχριον, e despois do latín teucri, -ae e teucrion, -ii, usado por Plinio o Vello en Historia naturalis, 26, 35 e 24, 130, para designar o xénero Teucrium, mais tamén o Asplenium ceterach, a douradiña, unha especie de fento (25, 45).[7] Hai outras interpretacións que derivan o nome de Teucri, -ia, -ium, dos troianos, pois Teucro era fillo do río Escamandro e a ninfa Idaia, e foi o antepasado lendario dos troianos, polo que estes últimos a miúdo son chamados de teucrios.[8] Mais tamén Teucrium podería se referir a Teûkros, en latín Teucri, ou sexa Teucro, fillo de Telamón e Hesione e medio-irmán de Ajax, e que loitaron contra Troia durante a guerra do mesmo nome, durante a cal descubriu a planta no mesmo período en que Aquiles, segundo a lenda, descubriu a Achillea.[9]

scorodonia: epíteto derivado do grego σχόρόδον e despois do latín scorodon, -i, os dous significando "allo", pois as follas da planta son aromáticas, con algo de sabor a allo[10][11]

  • Monochilon cordifolius Dulac
  • Scorodonia heteromalla Moench
  • Scorodonia scorodonia (L.) H.Karst.
  • Scorodonia solitaria Stokes
  • Scorodonia sylvestris (Lam.) Link
  • Scorodonia trivialis Raf.
  • Scorodonia vulgaris Raf.
  • Teucrium salviifolium Salisb.
  • Teucrium sylvestre Lam.

Nomes vernáculos en galego

[editar | editar a fonte]
  • A Real Academia Galega só recolle o termo seixebra, de saxifraga. [12]. Outros dicionarios actuais recollen os nomes vulgares de ourego bravo ou sarxa brava pola semellanza coas tamén herbas aromáticas cultivadas[13]. Existen as variantes moi documentadas: sinxebra e xinxebra [14] (en galego antigo recollida coma gingebra[15], que ás veces se confunde co xenxibre, pola semellanza do nome.
  • É tamén común o termo teudo, moi recollido en dicionarios antigos[16].
  1. ↑ Nome galego no DRAG.
  2. ↑ Diccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999
  3. ↑ Sinónimos en galego en Termos esenciais de botánica. Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  4. ↑ "Teucrium scorodonia en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2016.
  5. ↑ Teucrium scorodonia en The Euro+Medit PlantBase
  6. ↑ "Seixebra". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de decembro de 2013.
  7. ↑ F. Gaffiot, Diccionaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934
  8. ↑ Encyclopedia Mythica: mythology, folklore, and religion
  9. ↑ Teucrium en M.L. Charters, California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - A Dictionary of Botanical and Biographical Etymology
  10. ↑ F. Gaffiot.
  11. ↑ P. Font Quer.
  12. ↑ Nome galego normativo pola RAG.
  13. ↑ Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  14. ↑ E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  15. ↑ Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar)
  16. ↑ X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas en El Pueblo Gallego), Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]