Sputnik 3
| Sputnik 3 | |||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||
Sputnik 3 foi o terceiro satélite artificial de Unión Soviética. Foi lanzado o 15 de maio de 1958 mediante un foguete Sputnik 8A91 (derivado do mísil R-7) desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Sputnik 3, denominado inicialmente ISZ (acrónimo de Satélite Artificial da Terra), estaba destinado a ser o primeiro satélite artificial da humanidade, pero atrasos no seu desenvolvemento debido á súa complexidade, e por temor a que os Estados Unidos se adiantaran, levaron á decisión de lanzar en primeiro lugar o Sputnik 1 (moito máis sinxelo) e o Sputnik 2. A órbita inicial tiña un apoxeo de 1864 km, un perixeo de 217 km, unha inclinación orbital de 65,2 graos e un período orbital de 106 minutos. O obxectivo de Sputnik 3 era estudar a contorna da Terra e a súa atmosfera superior mediante unha serie de instrumentos que medían o campo magnético, a radiación, os campos eléctricos, os ións e outros parámetros. Foi o maior satélite lanzado ata a data, con 1327 kg. A enerxía era producida por células solares que se almacenaba en baterías de prata e cinc. As comunicacións tiñan lugar mediante o sistema de telemetría Tral a 20,005 MHz e 66 MHz. O satélite levaba unha cinta para gravar datos a bordos, pero non funcionou, polo que só se podían rexistrar datos cando pasaba sobre unha estación de comunicacións. A nave non dispoñía de control de actitude. Reentrou na atmosfera terrestre o 6 de abril de 1960.[1][2][3][4]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Sputnik 3 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[2][3]
- Magnetómetro de porta de fluxo.
- Electrómetro Mill de campo.
- Trampas de ións esféricas.
- Espectrómetro de masas cuadrupolo.
- Manómetro de ionización.
- Contador de meteoritos pezoeléctrico.
- Contador Cherenkov de núcleos pesados.
- Fluoroscopios de sulfuro de cinc.
- Contadores de descarga de gas.
- Contador de brillo de ioduro de sodio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sputnik 3 |
| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-0623). 24 de marzo de 1962: 4. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- 1 2 3 NASA (21 de marzo de 2017). "Sputnik 3" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.
- 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Sputnik 3 (D-1 #1, 2)" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.
- 1 2 Mark Wade (2011). "Sputnik 3" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.
