Saltar ao contido

Luís Pimentel

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Luís Pimentel
Véxase tamén...
Artigo na Galipedia
Multimedia en Wikimedia Commons

Luís Benigno Vázquez Fernández, máis coñecido como Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958), foi un médico e poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega.



Na súa obra

[editar]
  • Pra eso é o verso, o meu verso, o dos poetas escolleitos. Pra lle dar eternidades ás cousas. Eiquí está, logo, o seu verdadeiro nacemento   (Sombra do aire na herba).
  • Non convén chorar máis. / Ela chorou por todos e para sempre...   ("A Rosalía", Sombra do aire na herba).

Sobre el

[editar]
  • Dentro de moitos anos esa poesía, esa amosega verbal dos latexos dun corazón escolleito e sofrinte, aínda terá forza e virtude pra facer latexar outros corazóns sensibres.[1]
  • Luis Pimentel é, así, un destacado autor hispánico, que aínda que pode entrar a conformar esa xeración de vangarda galega do primeiro terzo do século XX, esa xeración do 25 da que falou xa no seu tempo Bal y Gay e despois Méndez Ferrín, tamén se pode recoñecer que compasa os homes do 27 cos que ademais de contacto epistolar, estableceu contacto literario e mesmo persoal …[2]
  • Amorea, xustapón metáforas visionarias, na terminoloxía de Bousoño. Cada imaxe é un flash momentáneo. O conxunto das imaxes mergúllanos nun clima escuro, ousesivo, féchanos na torre de marfín de Luís Pimentel.[3]
  • Na súa poesía destaca a influencia dos simbolistas franceses e, en especial, a de Jules Laforgue.[4]

Notas

[editar]
  1. ↑ Fernández de la Vega, C., prologuista de Sombra do aire na herba.
  2. ↑ Herrero Figueroa, A. (2005). "Pimentel, Luis". Gran Enciclopedia Galega (DVD).
  3. ↑ Xosé Luís Méndez Ferrín. Citado en Fernández del Riego, Francisco (1978). Manual de historia da literatura galega. Galaxia. p. 223.
  4. ↑ Enciclopedia Universal Micronet (en castelán).