Saltar ao contido

Abellaruco europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abellaruco europeo
 Nome taxon
    Merops apiaster
 Nome curto
    M. apiaster (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCoraciiformes
FamiliaMeropidae
XéneroMerops
EspecieMerops apiaster Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Merops apiaster Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   6,5 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   0,47 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   6,3 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   20 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01j_g8 Editar o valor en Wikidata
ITIS554661 Editar o valor en Wikidata
OTT755107 Editar o valor en Wikidata
UICN22683756 Editar o valor en Wikidata
CoL3ZW55 Editar o valor en Wikidata
EOL45513614 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O abellaruco europeo,[1] tamén coñecido abellaruco[2][3] ou abelleiro[4][5] (Merops apiaster), é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos.

Esperanza de vida

[editar | editar a fonte]

Os abellarucos europeos teñen unha esperanza de vida de entre uns 5 e 10 anos.

O abellaruco europeo é insectívoro, e o seu nome común é debido ás abellas, que constitúen a súa principal fonte de alimentación.
Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas; cázanas no aire e antes de comer as abellas quítanlles o aguillón golpeándoas contra o chan. Poden comer arredor de 250 abellas ou avespas ao día.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.

Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India.

Os abellarucos europeos son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio.

En Galiza

[editar | editar a fonte]

Aínda que abunda menos que noutras zonas da Península Ibérica, tamén hai presenza de abellarucos europeos en terras galegas, e a Sociedade Galega de Historia Natural organiza anualmente unhas xornadas de avistamentos destes paxaros chamadas "Na procura do Abellaruco".[6]

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Conde Teira. M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chiogossa, 1: 121-138
  3. ↑ Penas Patiño et al Guía de aves de Galicia. Baía Edicións, 2004
  4. ↑ Dicionario Ir Indo
  5. ↑ Gran Dicionario Cumio
  6. ↑ Noya, Brais Rey (2021-07-21). "Na procura do Abellaruco 11.0". Sociedade Galega de Historia Natural. Consultado o 2022-04-06.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]