Mitema
| Mitema | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
No estudo da mitoloxía, un mitema é unha unidade irreducíbel dun mito, un elemento constante (a diferenza dun meme cultural) que sempre aparece intercambiado e reensamblado —«atado» era a imaxe de Lévi-Strauss— con outros mitemas relacionados de diversas formas, ou unido en relacións máis complicadas, coma átomos enlazándose para formar unha molécula. Por exemplo, os mitos de Adonis e Osiris comparten varios elementos, o que leva a algúns investigadores a concluír que comparten unha mesma fonte.
O catalogador de lendas populares Vladimir Propp consideraba que a unidade de análise era o conto individual. Polo contrario, o mitema é o equivalente na mitoloxía aos fonemas, morfemas e sememas nos que a lingüística estructural divide a lingua: as unidades do significado máis pequenas posíbeis dentro dun sistema lingüístico.
Nos anos 1950 Claude Lévi-Strauss adaptou por primeira vez esta técnica de análise lingüística á crítica dos mitos. No seu traballo sobre os sistema mitolóxicos de tribos primitivas, realizado sobre a analoxía coa estrutura lingüística, adoptou o termo mythème, coa afirmación de que o sistema de significado dentro dos mitos é moi análogo ao dun sistema lingüístico. Esta idea é un tanto discutida por Roman Jakobson, quen considera que o mitema é un concepto (ou fonema) que non ten significado por si mesmo, senón que este aparece mediante análise sociolóxica.
Lev Manovich tamén usa os termos sema e mitema no seu libro The Language of New Media para describir aspectos da cultura cós que entran en diálogo as imaxes xeradas por ordenador.
O teórico literario José Manuel Losada, creador da Mitocrítica Cultural, define o mitema como a unidade temática e mitolóxica cuxa indispensábel dimensión transcendente ou sobrenatural capacítao para interactuar con outros mitemas na formación dun mito.[1] Se os temas teñen razón mítica, é dicir, atravesada de transcendencia, son mitemas; do contrario, son unicamente temas narrativos.[2] O teórico subliña que os mitos poden compartir mitemas, xa que poden interactuar libremente entre si e crear varios mitos co seu propio «ADN». Así e todo, os mitemas non son infinitos, polo que existen mitos cá mesma configuración de mitemas, o que significa que son variacións dun mesmo mito idénticos no seu «ADN».[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lévi-Strauss, Claude (outubro-decembro 1955). American Folklore Society, ed. "The Structural Study of Myth". The Journal of American Folklore (en inglés) 68 (270): 428–444. JSTOR 536768. doi:10.2307/536768.
- Losada, José Manuel (2015). "The Structure of Myth and Typology of its Crisis". En Losada, José Manuel; Lipscomb, Antonella. Myths in Crisis: The Crisis of Myth (en inglés). Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing. pp. 3–32. ISBN 978-1-4438-7814-2.
- Losada, José Manuel (2015). "Estructura del mito y tipología de sus crisis". En Losada, José Manuel; Lipscomb, Antonella. Myths in Crisis: The Crisis of Myth (en castelán). Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing. pp. 33–62. ISBN 978-1-4438-7814-2.
- Losada, José Manuel (2022). Mitocrítica cultural. Una definición del mito (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-5267-8.