Praia do Dique
| Praia do Dique | |
|---|---|
Vista da praia do Dique | |
| 42°44′06″N 8°59′30″O / 42.735, -8.991667 | |
| Características xerais | |
| Lonxitude | 85 m |
| Largo medio | 30 m |
| Grao de ocupación | media |
| Grao de urbanización | non |
| Paseo marítimo | non |
| Características específicas | |
| Tipo de praia | aberta (fóra da ría) |
| Tipo de area | Fina |
| Accesibilidade | |
| Tipo de acceso | a pé |
A praia do Dique, tamén coñecida como praia do Río Maior, é un pequeno areal situado no litoral do lugar do Dique, na parroquia de Queiruga, no concello do Porto do Son.
Características
[editar | editar a fonte]
É unha praia aberta (fóra da ría) que ten unha lonxitude de 85 m e unha anchura de 30 m. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas fortes. Está incluída na Rede Natura 2000.[1] O seu nivel habitual de ocupación nos meses de verán é medio.[1][2][3]
A praia do Dique conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil.[1][3] Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis.[1] O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.[1][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Playa Rio Maior/O Dique Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en Playas de España (en castelán).
- ↑ Rio maior (O Dique) Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia. Inclúe localización, como chegar, numerosas imaxes e informacións útiles para o viaxeiro (en galego).
- 1 2 3 Playa de Río Maior/O Dique en Queplaya.es (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Praia do Dique (Queiruga), un día despois do temporal Vídeo en YouTube.
- Praia do Dique Vídeo en YouTube.
- Praia do Dique (O Porto do Son) Facendo forma de lagoa Vídeo en YouTube.