Tal día coma hoxe no ano...
|-
|
1899 , publícase A interpretación dos soños de Sigmund Freud .
1907 , nace Pilar Primo de Rivera , fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.
1918 , comeza no porto de Kiel (Alemaña ) a revolución de novembro , que culminaría coa substitución do II Reich pola república de Weimar .
1922 , o arqueólogo británico Howard Carter atopa no Val dos Reis a entrada á tumba de Tutankhamon .
1950 , morre Francisca Herrera Garrido (na imaxe), escritora e primeira muller na Real Academia Galega , conmemorada no Día das Letras Galegas de 1987 .
1956 , tropas soviéticas invaden Hungría para esmagar o erguemento húngaro .
1980 , publícase no Boletín Oficial das Cortes o Proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado o 22 de outubro dese ano pola Comisión Constitucional tralas modificacións feitas pola Asemblea de parlamentarios de Galicia.
Hoxe é o Día da Ciencia en Galego .
|-
|}
Efemérides destacadas dos próximos días
Mañá será o 5 de novembro de 2026
Tal día coma hoxe no ano...
|-
|
|-
|}
Pasadomañá será o 6 de novembro de 2026
Tal día coma hoxe no ano...
|-
|
Hoxe é o
Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados .
Hoxe,
Suecia celebra o
Día de Gustav Adolf , rei dese país finado nesta data en
1632 .
|-
|}
Queres axudar?
Apetéceche colaborar connosco nas efemérides? Estás no lugar indicado. Actualmente as efemérides dos 366 días do ano xa están creadas; aínda así non desesperes, pódesnos axudar igualmente! Para iso só tes que elixir o día que queiras e ampliar os acontecementos que xa aparezan cos eventos que desexes, sempre e cando comprobes e esteas seguro de que corresponden a ese día; do contrario, estes serán eliminados. Toda a axuda sempre é benvida, sempre e cando sigas a guía de estilo que vén aquí embaixo, a continuación.
Guía de estilo
Cada día ten moitas efemérides e non caben todas na Portada ; por iso é preciso seguir unhas directrices á hora da súa escolla:
As efemérides seleccionadas deberán ser entre 6 ou 8 .
As efemérides deben estar redactadas en tempo presente .
As efemérides deberán estar en orde cronolóxica : das máis antigas ás máis recentes.
As efemérides seleccionadas seguen unha orde de preferencia que se debe cumprir sempre que sexa posíbel:
Outros aspectos
Estes son outros aspectos a ter en conta na realización da efemérides da Portada:
Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan (mellor que sexa un evento que o nacemento/morte de alguén). Para colocar a foto hai que usar o seguinte código:
<div style="float:left; margin-right:1.5em;">[[Ficheiro:TÍTULO DA IMAXE|left|border|125px|link=ARTIGO|alt=DESCRICIÓN MOI BREVE]]</div>
NOTA: O tamaño das imaxes pode agrandarse ou reducirse lixeiramente debido a que algunhas poden quedar excesivamente pequenas ou grandes con 125 píxeles (125px ).
Listaxe de efemérides destacadas
A continuación móstrase unha listaxe das efemérides destacadas de todos os meses e, detalladas, as do actual mes de novembro :
1 de novembro (ver • editar )
1530 , un erro nos diques dos Países Baixos mata a 400.000 persoas.
1604 , estréase a traxedia Othello (na imaxe), de William Shakespeare .
1849 , nace Valentín Lamas Carvajal , poeta e xornalista galego (m. 1906 ).
1864 , nace Isabel Feodorovna Romanova , gran duquesa de Rusia, relixiosa e santa da Igrexa ortodoxa rusa . (m. 1918 )
1993 , entra en vigor o Tratado de Maastricht , dando comezo á Unión Europea .
1993 , morre Severo Ochoa , bioquímico español, Premio Nobel de Medicina no 1959 .
Hoxe é o Día da Independencia en Antiga e Barbuda (1981 ), o Día de Tódolos Santos para os católicos e o Día de Mortos en México .
2 de novembro (ver • editar )
Hoxe é o Día dos Defuntos para a comunidade católica .
3 de novembro (ver • editar )
Hoxe é o Día da Independencia en Dominica (1978 ), nos Estados Federados de Micronesia (1986 ) e en Panamá (1903 ).
4 de novembro (ver • editar )
1899 , publícase A interpretación dos soños de Sigmund Freud .
1907 , nace Pilar Primo de Rivera , fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.
1918 , comeza no porto de Kiel (Alemaña ) a revolución de novembro , que culminaría coa substitución do II Reich pola república de Weimar .
1922 , o arqueólogo británico Howard Carter atopa no Val dos Reis a entrada á tumba de Tutankhamon .
1950 , morre Francisca Herrera Garrido (na imaxe), escritora e primeira muller na Real Academia Galega , conmemorada no Día das Letras Galegas de 1987 .
1956 , tropas soviéticas invaden Hungría para esmagar o erguemento húngaro .
1980 , publícase no Boletín Oficial das Cortes o Proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado o 22 de outubro dese ano pola Comisión Constitucional tralas modificacións feitas pola Asemblea de parlamentarios de Galicia.
Hoxe é o Día da Ciencia en Galego .
5 de novembro (ver • editar )
Hoxe é a noite de Guy Fawkes (na imaxe) no Reino Unido (1605 ) e o Día de Tódolos Santos en Suecia .
6 de novembro (ver • editar )
Hoxe é o Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados .
Hoxe, Suecia celebra o Día de Gustav Adolf , rei dese país finado nesta data en 1632 .
7 de novembro (ver • editar )
1067 , morre Sancha I de Galicia , raíña de Galicia desde 1037 .
1867 , nace en Varsovia Marie Curie (na imaxe), Premio Nobel de Física no 1903 e de Química no 1911 (m. 1934 ).
1903 , nace o naturalista e zoólogo austríaco Konrad Lorenz , pai da etoloxía ; recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1973 (m. 1989).
1917 , comeza a Revolución de Outubro en Rusia , liderada por Lenin contra o goberno provisional de Kerenskii (25 de outubro , segundo o calendario xuliano, vixente daquela no país).
1938 , a aviación republicana realiza o bombardeo de Cabra durante a guerra civil española .
1996 , un Boeing 727 nixeriano estrélase a 40 millas de Lagos e causa a morte de 143 persoas.
Hoxe é o Día dos vendedores de diarios e revistas na Arxentina .
8 de novembro (ver • editar )
1246 , morre Berenguela de León e Castela (na imaxe), raíña consorte de Galicia e León entre 1197 e 1204 e raíña de Castela desde 1217 .
1519 , Hernán Cortés entra en Tenochtitlán , capital do Imperio Azteca , onde é tomado polo deus Quetzalcóatl .
1793 , en París , o goberno revolucionario francés abre parte do Palacio Real do Louvre como museo.
1895 , Wilhelm Röntgen descobre os raios-x .
1939 , Adolf Hitler sobrevive a un intento de asasinato na cervexaría Bürgerbräukeller de Múnic , durante a celebración do aniversario do fracaso do Putsch de Múnic de 1923.
2002 , o Consello de Seguridade da ONU aproba a resolución 1441 na que solicita a Iraq que se desarme ou se prepare para afrontar "serias consecuencias".
Hoxe é o Día Mundial do Urbanismo , declarado en 1949 polas Nacións Unidas.
9 de novembro (ver • editar )
1389 , nace Isabel de Valois , raíña de Inglaterra e duquesa de Orleáns.
1799 , Napoleón Bonaparte e Emmanuel Joseph Sieyès lideran o Golpe de Estado do 18 de Brumario , destituíndo o goberno revolucionario francés .
1934 , nace Carl Edward Sagan , astrofísico e matemático estadounidense.
1938 , en Alemaña , os nazis deteñen a máis de 35.000 xudeus e destrúen as súas propiedades na chamada Noite dos cristais rotos .
1959 , morre Ramón Cabanillas , escritor galego (n. 1876 ).
1983 , o Consello de Ministros español aproba o proxecto de lei sobre obxección de conciencia e institúe a prestación social substitutoria do servizo militar .
1989 , cae o Muro de Berlín (na imaxe).
Hoxe é o Día da Independencia en Camboxa (1953 ) e mailo Día do Inventor .
10 de novembro (ver • editar )
1483 , nace Martiño Lutero , teólogo alemán creador da Reforma protestante (m. 1546 ).
1810 , as Cortes de Cádiz conceden, por primeira vez, a liberdade de prensa en España .
1871 , Henry Morton Stanley atopa o explorador e misioneiro desaparecido David Livingstone en Ujiji , preto do Lago Tanganica na actual Tanzania .
1890 , naufraga o HMS Serpent na Costa da Morte provocando 172 vítimas.
1928 , Hirohito é coroado como o 124º Emperador de Xapón .
1975 a Asemblea Xeral da ONU aproba a Resolución 3379 , na que equipara o sionismo co racismo . Foi revocada en 1991 coa Resolución 4686 .
1978 , en España , a maioría de idade pasa dos 21 aos 18 anos .
1990 , nace en Mireia Belmonte (na imaxe), nadadora campioa olímpica, mundial e europea.
11 de novembro (ver • editar )
Hoxe é o Día da Independencia en Polonia (1918 ) e Angola (1975 ), o Día do Recordo na Commonwealth , o Día do Armisticio en Europa e o Día dos Veteranos nos Estados Unidos .
12 de novembro (ver • editar )
1918 , abdica o emperador Carlos I de Austria , poñendo fin ao Imperio Austrohúngaro .
1927 , Lev Trotski é expulsado do Partido Comunista da Unión Soviética .
1929 , nace Grace Kelly (na imaxe), unha das máis importantes actrices de Hollywood na década de 1950 e esposa do príncipe Rainiero III de Mónaco .
1932 , Albert Einstein e a súa familia abandonan Alemaña escapando da persecución nazi contra os xudeus .
1948 , en Xapón , un tribunal internacional sobre crimes de guerra condena a morte sete xaponeses polas súas actuacións durante a Segunda Guerra Mundial .
1991 , en Timor Leste ten lugar o Masacre de Díli cando forzas indonesias disparan sobre un grupo manifestantes que protestaban contra o goberno indonesio.
2001 , en Afganistán as forzas talibáns abandonan Kabul ante a inminente chegada das tropas da Alianza do Norte .
13 de novembro (ver • editar )
Hoxe é o Día das Librarías .
14 de novembro (ver • editar )
1851 , Herman Melville publica Moby Dick .
1886 , nace Florentino López Cuevillas , investigador e arqueólogo da Xeración Nós (m. 1958 ).
1928 , nace Inmaculada Paz-Andrade , científica galega.
1940 , durante a Segunda Guerra Mundial , 500 bombardeiros da Luftwaffe arrasan Coventry , no centro da Gran Bretaña .
1971 , a Mariner 9 (na imaxe) chega a Marte , converténdose na primeira sonda espacial que orbita outro planeta .
1975 , España abandona o Sáhara Occidental .
Hoxe é o Día Mundial da Diabetes e os musulmáns dos Estados Unidos celebran o Eid ul-Fitr , que marca a fin do Ramadán .
15 de novembro (ver • editar )
1492 , primeira referencia escrita sobre o tabaco , na descrición dun encontro de Cristovo Colón cos indios.
1920 , celébrase en Xenebra a primeira Asemblea Xeral da Liga das Nacións .
1938 , dáse por finalizada a batalla do Ebro , na que o exército republicano sufriu 30.000 baixas e 20.000 prisioneiros. Foi a batalla máis cruenta de toda a Guerra civil .
1940 , os Nazis cortan o contacto do Gueto de Varsovia co mundo exterior. No interior do gueto quedaban 350.000 xudeus .
1944 , constitúese en Montevideo o Consello de Galiza (acta na imaxe).
1971 , Intel lanza o primeiro microprocesador da historia, o Intel 4004 .
1974 , España pon en órbita o seu primeiro satélite artificial , o Intasat .
Hoxe é o Día da República no Brasil (1889 ).
16 de novembro (ver • editar )
1384 , Jadwiga de Polonia é coroada Rei (sic ) de Polonia .
1532 , Francisco Pizarro (na imaxe) fai prisioneiro a Atahualpa cando este visitaba o campamento español.
1621 , a Igrexa Católica Latina adopta como comezo oficial do ano o primeiro de xaneiro . Daquela, o ano comezaba en marzo .
1625 , morre Sofonisba Anguissola , pintora italiana considerada a primeira muller pintora de éxito do Renacemento
1945 , fúndase a UNESCO .
1977 , apróbase o ingreso de España no Consello de Europa .
2002 , diagnostícase o primeiro abrocho da Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS) en Guangdong , China .
Hoxe é o Día Internacional para a Tolerancia .
17 de novembro (ver • editar )
1558 , morre María I (na imaxe), raíña de Inglaterra e raíña consorte de España . Sucedeuna a súa medio irmá Isabel I , quen subiu ao trono este día.
1869 , inaugúrase en Exipto o Canal de Suez , de 161 km de lonxitude.
1917 , morre Auguste Rodin , escultor francés.
1970 , Douglas Engelbart , inventor estadounidense, patenta un Dispositivo indicador de posición X-Y para un sistema visual , o que hoxe coñecemos como rato .
1983 , fúndase o Exército Zapatista de Liberación Nacional .
1989 , comeza na antiga Checoslovaquia a Revolución de Veludo , movemento estudiantil que impulsou a caída do réxime comunista.
18 de novembro (ver • editar )
1541 , Miguel Anxo finaliza o fresco O Xuízo Final (na imaxe) na Capela Sistina .
1809 , nace Manuel Blanco Romasanta , primeiro asasino en serie galego documentado, coñecido co alcume de o lobishome de Allariz .
1820 , o navegante americano Nathaniel Palmer descobre a Antártida .
1830 , proclámase a independencia de Bélxica .
1928 , a factoría Walt Disney estrea Steamboat Willie , a primeira curtametraxe sonora de animación .
1934 , nace Dino Pacio Lindín , sociólogo e profesor galego fundador de Solidaridad Humana .
1939 , nace Margaret Atwood , escritora canadense.
1993 , apróbase unha nova constitución en Suráfrica .
Hoxe é o Día da Independencia en Letonia (1918 ) e a Festa Nacional en Omán (1940 ).
19 de novembro (ver • editar )
1493 , Cristovo Colón (na imaxe) descobre a illa de San Xoán Bautista, hoxe Porto Rico .
1819 , inaugúrase en Madrid o Museo do Prado .
1895 , o estadounidense Frederick E. Blaisdell patenta o lapis .
1917 , nace Indira Gāndhi , primeira ministra da India en dúas ocasións.
1918 , nace Margarita Landi , periodista e criminóloga española.
1946 , Afganistán , Islandia e Suecia únense á ONU .
1977 , o Presidente de Exipto Anwar Sadat é o primeiro líder árabe en visitar oficialmente Israel .
2002 , o petroleiro Prestige parte en dous e afúndese por completo, a uns 250 km das costas galegas.
Hoxe é o Día Mundial da Diabete e o Día Mundial do Retrete .
20 de novembro (ver • editar )
Hoxe é o Día Universal do Neno (tamén chamado Día Internacional dos Dereitos do Neno ), o Día da Industrialización de África e o Día da Memoria Transxénero .
21 de novembro (ver • editar )
1877 , Thomas Alva Edison anuncia a invención do fonógrafo (na imaxe).
1922 , nace María Casares , actriz galega que triunfou no exilio en Francia .
1962 , durante a Guerra Indo-Chinesa , o Exército de Liberación Popular Chinés declara un alto ó fogo unilateral.
1979 , a embaixada estadounidense en Islamabad (Paquistán ) é atacada e incendiada por unha turba.
2002 , Bulgaria , Eslovaquia , Eslovenia , Estonia , Letonia , Lituania e Romanía son invitadas a unirse á OTAN .
Hoxe é o Día Mundial da Televisión .
22 de novembro (ver • editar )
ligzón=Camilo Nogueira
23 de novembro (ver • editar )
1221 , nace Afonso X o Sabio (na imaxe), rei de Castela.
1811 , as Cortes de Cádiz aproban a creación da chamada Lotería Nacional
1971 , a República Popular da China é aceptada como representante do pobo chinés no Consello de Seguridade da ONU e ocupa o asento que ata entón ocupaba República da China .
1979 , a Universidade de Minneapolis realiza con éxito a primeira transfusión de sangue sintético.
1991 , Freddie Mercury , do grupo Queen , anuncia publicamente que é portador do virus VIH . Morre ó día seguinte.
2005 , Ellen Johnson-Sirleaf é elixida presidenta de Liberia , converténdose na primeira muller en gobernar un país africano .
Hoxe é o Día do Bosque Autóctono e o Día Internacional sen Compras .
24 de novembro (ver • editar )
380 , Teodosio I o Grande entra en Constantinopla .
1859 , publícase por primeira vez A orixe das especies , de Charles Darwin .
1922 , un equipo de arqueólogos ingleses abre a tumba de Tutankamón no Val dos Reis (Exipto ).
1939 , créase en España, o Consello Superior de Investigacións Científicas .
1963 , Lee Harvey Oswald , asasino de John F. Kennedy , é asasinado en Dallas , Texas .
1969 , EEUU e a URSS asinan o Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares .
1998 , morre Maruxa Villanueva (na imaxe), actriz galega .
25 de novembro (ver • editar )
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e o Día da Independencia en Suriname (1975 )
26 de novembro (ver • editar )
1504 , morre Isabel a Católica , raíña de Castela (n. 1451 ).
1918 , a Asemblea de Podgorica declara a adhesión de Montenegro ó Reino de Serbia .
1922 , nace Charles Schulz , debuxante nortemericano, creador, en 1950 , da imaxe de Charlie Brown, Carlitos , e Snoopy (m. 2000 ).
1949 , apróbase a constitución da India , trala independencia do imperio británico en 1947 .
1963 , morre Amelita Galli-Curci (na imaxe), soprano italiana , unha das máis reputadas do século XX .
2001 , científicos estadounidenses logran clonar o primeiro embrión humano. A clonación da ovella Dolly tivo lugar en 1996 .
2003 , prodúcese o último voo comercial do avión supersónico Concorde .
27 de novembro (ver • editar )
Hoxe é, en España, o Día do Mestre , en memoria do pedagogo Xosé de Calasanz . Noutros países celébrase noutras datas (así, en Portugal , o Dia do Professor é o 5 de outubro ).
28 de novembro (ver • editar )
1290 , morre Lionor de Castela , infanta de Castela e raíña de Inglaterra tralo seu matrimonio con Eduardo I .
1493 , Cristovo Colón descobre Xamaica e Porto Rico , ademais de circunnavegar boa parte de Cuba .
1857 , nace Afonso XII , rei de España.
1872 , morre Mary Somerville , escritora inglesa.
1885 , María Cristina de Habsburgo-Lorena xura fidelidade ao herdeiro á Coroa e á Constitución , comezando así a súa rexencia .
1928 , nace Xesús Alonso Montero , escritor vigués.
1943 , durante a segunda guerra mundial , Franklin D. Roosevelt , Winston Churchill e Josef Stalin inician a Conferencia de Teherán (na imaxe).
Hoxe é o Día da Independencia en Albania (1912 ) e en Mauritania (1960 ).
29 de novembro (ver • editar )
1853 , nace Francisca Sarasate , escritora de orixe galega.
1899 , constitúese o F.C. Barcelona , club de fútbol catalán.
1924 , morre Giacomo Puccini , compositor de ópera italiano (La Bohème , Tosca , Madame Butterfly ).
1944 , no Hospital Johns Hopkins , de Estados Unidos, realízase a primeira operación a corazón aberto.
1981 , morre a actriz Natalie Wood .
1990 , as Nacións Unidas autorizan o uso da forza militar contra Iraq se non se retira de Kuwait . A intervención internacional comezou o 16 de xaneiro de 1991 .
2001 , morre de cancro o guitarrista dos Beatles , George Harrison (na imaxe).
Hoxe é o Día Internacional das Defensoras dos Dereitos Humanos e o Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino .
30 de novembro (ver • editar )
1831 , Inglaterra e Francia asinan un tratado para rematar coa trata de negros . En Inglaterra, a escravitude non foi abolida ata 1838 .
1835 , nace o novelista norteamericano Mark Twain (Samuel Langhorne Clemens), autor de As aventuras de Tom Sawyer (1876 ) e As aventuras de Huckleberry Finn (1884 ).
1865 , nace o novelista Rudyard Kipling , premio Nobel de Literatura 1907 .
1938 , nace a bioquímica Margarita Salas , primeira científica en ocupar un asento na RAE e primeira española en ser membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos .
1939 , comeza a Guerra de Inverno cando a URSS invade Finlandia .
1974 , atópase en Etiopía o esqueleto dunha femia de Australopithecus afarensis á que chamaron Lucy (na imaxe), dunha antigüidade de máis de 3 millóns de anos.
1982 , a Primeira Ministra británica Margaret Thatcher recibe unha carta bomba.
Hoxe é o Día da Independencia en Barbados (1966 ) e o Día de Santo Andrés en Escocia .