Saltar ao contido

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

O motín a bordo do navío da Mariña Real Británica tivo lugar o 28 de abril de 1789 no medio do océano Pacífico. Un grupo de tripulantes insatisfeitos, liderados polo axudante de mestre Fletcher Christian, tomaron o control da embarcación de mans do seu capitán, o tenente William Bligh, a quen deixaron á deriva a bordo dun bote con poucas provisións xunto con outros dezaoito mariñeiros que permaneceron leais. Os amotinados establecéronse en Tahití ou nas illas Pitcairn, mentres que Bligh conseguiu realizar unha viaxe de máis de 6 500 km ata atopar terra, comezando entón un proceso para que os amotinados comparecesen ante a xustiza.

O Bounty deixara Gran Bretaña en 1787 para recoller e transportar árbores do pan desde Tahití ata as Indias Occidentais. A disciplina entre os homes deteriorouse tras cinco meses de descanso pasados en Tahití, período no que moitos mariñeiros viviron en terra e estableceron relacións con mulleres nativas. A relación de Bligh coa súa tripulación foi empeorando a medida que impoñía castigos cada vez máis severos e aumentaba as súas críticas e abusos, tendo Fletcher Christian como branco frecuente. Este terminou por organizar con éxito un motín contra o capitán unhas tres semanas despois de que o navío deixase Tahití.

Sobre Galicia

A castaña na cultura popular galega: O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns. A denominación abundancial máis común é a de souto, pero tamén temos castañal, castañar, castañeira, castañeiro, castiñeiral, soutelo e tropezal. A castaña ten tamén os nomes de baloca, bullote, cagoxa e croca; cando caen de seu ó chan xa maduras, denomínanse degaros, restelas ou restrelos (tamén castañas degaradas, degraídas, de restelo ou de restrelo). Algunhas castañas quedan abortadas ou malogradas dentro do ourizo: son as bolercas, castañas bolercas ou croucos; estas destínanse á ceba do porco. Recóllense vareando os castiñeiros cuns paus longos ou lanzando contra as pólas uns paus pequenos (rebolos), de forma que os ourizos caen ó chan, de onde se recollen e se amorean ou se poñen a secar nas ouriceiras. Cando os ourizos secan e abren, extráense as castañas (operación que se chama a bulla ou petela). As castañas cocidas con casca denomínanse mamotas ou zonchos. Acostuman cocerse con sal e unhas herbas, normalmente fiúncho e nébeda, para seren máis dixeríbeis. Outra forma de comer as castañas é deixándoas secar no caínzo ou fumeiro, ó fume da lareira. Son as castañas maias, maiolas ou castañas do canizo, que se comen logo, secas e peladas, en forma de caldo de castañas.

Tal día coma hoxe no ano...

Hoxe é o Día da Independencia en Dominica (1978), nos Estados Federados de Micronesia (1986) e en Panamá (1903).


Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 177 154 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 426 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento